Morre un mozo futbolista galego ao caer por un cantil

O futbolista xuvenil do club vigués Coruxo FC Fabio Soto, faleceu durante as súas vacacións na illa de Malta tras precipitarse por un cantil, segundo informou este mércores o conxunto galego.

|

O futbolista xuvenil do club v igués Coruxo FC Fabio Soto, faleceu durante as súas vacacións na illa de Malta tras precipitarse por un cantil, segundo informou este mércores o conxunto galego.



Fabio souto coruxo


"Faleceu Fabio Soto, xogador do Xuvenil Nacional. Estando de vacacións cuns amigos na illa Delimara, Malta. Tras precipitarse por un cantil indo directamente ao mar", sinalou o Coruxo na súa páxina web.


O futbolista do Xuvenil Nacional "desapareceu onte martes ao redor das 19,20 horas", e desde ese momento as autoridades maltesas "iniciaron unha procura en toda a zona e o perímetro sobre a praia de St. Peter's Pool", aínda que esta "tivo que ser detida ao chegar a noite" para renovarse na mañá deste mércores.


"Foi ao redor das 8,00 cando os membros das Forzas Armadas de Malta informaron a policía que se avistou un cadáver no fondo do mar, o corpo de Fabio Soto. A investigación policial está en curso coas autoridades xudiciais de Malta. Descanse en Paz Fabio... Sempre no corazón de todos os que che coñecemos", sentenciou o Coruxo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE