"O prezo do combustible é un factor crítico para a competitividade e supervivencia do sector de transportes"
A Cámara de Comercio de Santiago acolleu unha sesión sobre o gas natural vehicular, a "única" alternativa "actual e real" ao diésel, segundo o responsable de Movillidad Zona Centro - Norte de Naturgy
Almorzo informativo na Cámara de Comercio
A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela acolleu este mércores unha sesión sobre o gas natural vehicular. O almorzo informativo contou coas explicacións do responsable de Mobilidade Zona Centro - Norte de Naturgy (antiga Gas Natural Fenosa), Salvador Jorge Moura, e a delegada de Eficiencia Zona Centro-Norte, María Francisca Rodríguez.
Na xornada presentáronse as alternativa que existen na actualidade ao diésel no sector do transporte profesional profundando no gas natural vehicular, así como a situación dos prezos dos combustibles.
Salvador Jorge indició en que o Gas Natural Licuado (GNL) está destinado a un uso máis profesional, mentres que en vehículos lixeiros e furgonetas compiten actualmente o Gas Licuado do Petróleo (GLP), con maior rede de infraestruturas, e o Gas Natural Comprimido (GNC), máis ecolóxico e económico.
O responsable de Naturgy sinalou como única alternativa "actual e real" ao diésel o gas natural, que, a pesar de ter un lento desenvolvimiento, está a se expandir nos últimos anos. En canto a autobuses urbanos, falou das alternativas actuais: o autobús a gas, a tecnoloxía máis implantada en España; e o híbrido diésel-electricidade. Descarta o eléctrico puro por non ser "rendible nin operativo para unha implantación total urbana".
Doutra banda, o almorzo informativo tamén deu para falar das subidas do prezo do cru e dos tipos impositivos ao diésel. "O custo do combustible en 2017 supuxo máis do 30% do custo das empresas de transporte, polo que o incremento dos prezos é un factor crítico para a competitividade e a supervivencia do sector", sinalou.
Escribe o teu comentario