Prohibidas as queimas agrícolas e forestais entre o 1 de xullo e o 31 de setembro

|

Queima forestal

A campaña de alto risco de incendios forestais comezará en Galicia este domingo 1 de xullo e estenderase, por primeira vez, ata o 31 de outubro, de forma que neste período estarán prohibidas as queimas agrícolas e forestais no monte galego.

Así o informou a Consellería do Medio Rural, que puntualizou que, no caso de que as condicións meteorolóxicas así o permitan, a prohibición poderíase levantar no mes de outono.

A decisión de estender a tempada "de alto risco" hase decididio despois de que nos últimos anos as condicións meteorolóxicas no outono fosen favorables para a propagación de lumes, segundo informa Medio Rural, que lembra que o operativo xa está dispoñible e a "pleno rendemento".

Ademais, apúntase que se incrementou tamén a prestación do servizo dos fixos-descontinuos da Xunta e as brigadas de Seaga e Tragsa, que pasarán de 3 a 4 meses, ata o 31 de outubro.

Xa desde este sábado reforzarase o dispositivo establecido no Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, o Pladiga. Este ano, como nas últimas campañas, estará integrado no verán por uns 7.000 efectivos, con 5.700 profesionais da Xunta, que estarán apoiados por persoal do Ministerio de Agricultura, do Exército e dos Corpos e forzas de Seguridade do Estado e outras entidades locais.

Ademais, cóntase cunha trintena de medios aéreos, entre os propios da Xunta e os que achega o Estado, e 360 motobombas da Administración autonómica, dos Concellos e dos parques de bombeiros, aos que se engaden cisternas, pas e outros vehículos.

A Consellería do Medio Rural pide, en todo caso, o "máximo compromiso contra os incendios forestais na loita contra a actividade delituosa incendiaria" e pide que se denuncien "estas accións cando se teña coñecemento delas".

Desde a Xunta lémbrase que está a disposición da cidadanía o teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso dun incendio forestal. Ademais, incídese en que as persoas que se acheguen ao monte nestas datas deben extremar as precaucións e evitar calquera práctica que implique risco de lume.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress