Convocan folga indefinida de recollida de lixo de Vigo polos "recortes de dereitos"

O servizo de recollida de lixos e limpeza viaria do Concello de Vigo irá á folga o próximo 13 de xullo en rexeitamento da intención da empresa de "aplicar unha serio de recortes en materia de dereitos sociais e denunciar o inmobilismo da dirección á hora de negociar o convenio colectivo" 


|


  • Acusan a FCC, a concesionaria do servizo de lixos e limpeza, de "inmobilismo" á hora de negociar o convenio colectivo 
  • O luns o comité de empresa reunirase co persoal para ratificar a folga, que dará comezo a partir das 6.00h do venres 13 de xullo



Comite lixos vigo cig uso ccoo

Rolda de prensa do comité de empresa | Imaxe: CIG


O servizo de recollida de lixos e limpeza viaria do Concello de Vigo irá á folga o próximo 13 de xullo en rexeitamento da intención da empresa de "aplicar unha serio de recortes en materia de dereitos sociais e denunciar o inmobilismo da dirección á hora de negociar o convenio colectivo". 


A decisión do comité de FCC, a empresa concesionaria, de convocar unha folga indefinida foi comunicada por a representación do persoal de CIG, USO e CCOO nunha rolda de prensa. "Cando dous negocian e un non quere, poucas cousas pódense conseguir", explicou o presidente do comité, Rufino Santalices (CIG). 


Segundo a información publicada pola Confederación Intersindical Galega, a empresa quere pactar un convenio de dous anos -mentres que o persoal insiste nun ano- que contempla un incremento de salarios do 1%, "a conta de conxelar a antigüidade, retirar os complementos de incapacidade temporal e restrinxir a certo persoal as melloras sociais das que agora gozan o conxunto de traballadores". 


Folga lixos vigo imaxeCIG

O comité de empresa co persoal | Imaxe: CIG


Denuncian tamén o "recorte" de dereitos ao tentar a empresa, segundo CIG, recortar o seguro de vida do persoal que traballa o fin de semana, facéndoo proporcional ao tempo traballado. Así mesmo, as traballadoras e traballadores con menor carga horaria veríanse tamén afectadas na axuda familiar por persoas con discapacidade. O actual convenio fixa 70 euros ao mes para persoal de luns a venres, pero "a pretensión da empresa pasa por reducila de forma proporcional ao tempo traballado no caso do persoal de fin de semana", o que cualificaron de "denigrante". 


Desde o comité de empresa aclararon que non van dar "nin un paso atrás", e pediron desculpas á cidadanía polas molestias que a folga lles poida ocasionar, "pero queremos que saiban que non temos máis remedio que convocala para defender as nosas condicións de traballo, porque a empresa non nos deixa outra saída coa súa actidud". A representación sindical reunirase en asemblea o vindeiro luns para que o persoal, ao redor de 600 persoas, ratifique a folga indefinida que comezará ás 6.00h o venres 13 de xullo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE