"Poesia ultima dei amore e malattia", Lois Pereiro en italiano
Coa edición en italiano do poemario, xa son cinco os idiomas nos que se pode ler ao poeta monfortino.
Coa edición en italiano do poemario, xa son cinco os idiomas nos que se pode ler ao poeta monfortino.
O Centro de Estudos Galegos (CEG) da Universidade de Perugia (Italia) publica, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, o novo volume Poesia ultima di amore e malattia 1992-1995, quinta tradución da obra Poesía última de amor e enfermidade 1992-1995 que xa pódese ler, ademais de en galego, en catalán, en éuscaro, en castelán, en inglés e en búlgaro.
PRESENTACIÓN
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director do centro adscrito á Rede de Lectorados e Centros de Estudos Galegos da Xunta e editor presentaron hoxe a obra, acompañados de Xosé Manuel Pereiro, irmán do autor monfortino; e da subdirectora xeral de Política Lingüística, Lourdes Batán.
García Gómez deulle a benvida ao novo volume “que contribuirá a seguir proxectando a importante obra de quen foi, sen dúbida, un dos autores que mellor representan a eclosión poética da literatura galega dos 80 e empatizan a través da palabra, da rebeldía e da contracultura coa xente nova”.
O CEG de Perugia (Italia), pertencente á Rede de Lectorados e , edita, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, a edición italiana do poemario máis coñecido do autor monfortino homenaxeado polas Letras Galegas 2011.
A nova edición en italiano vén encher un baleiro na difusión deste poeta entre os lectores italianos, un dos autores máis recoñecibles da poesía galega de finais do século XX e unha figura emblematicamente xeracional da contracultura europea que xurdiu ao longo das anos 80 e 90.
A herdanza de Lois Pereiro queda neste testemuño en versos escritos nos seus últimos meses antes de morrer en 1996. Unha obra na que “a enfermidade se redefine poeticamente na fronteira salvaxe da vida". Visceral, contaminado, auténtico, “é un dos libros que, para Manuel Rivas, xustifican a boca da literatura, que forman parte da presenza común universal”.
Escribe o teu comentario