Aínda que non se coñece ao autor, atribúeselle a unha boa parte da Igrexa a frase “faga o que eu digo, pero non o que eu fago”, adoitan dicir os maiores.
En Catalunya, unha boa parte da cidadanía e dos dirixentes políticos independentistas están estreitamente relacionada coa Igrexa. O independentismo converteuse nunha relixión excluínte ao resto de "cristiáns" que non profesan o culto aos Santos beatificados, por obra e graza da súa desobediencia ás leis, e aos que subiron aos altares cos diñeiros e medios de toda a cidadanía, sen que a eles se lles consultara.
As pregarias constantes nalgúns centros de culto sinalados con lazos amarelos e curas de cilicio diario do separatismo, o rezo comunitario do rosario no que participan, os nomes coñecidos que a diario botan lume aos que non profesan as súas crenzas, converteu ao que antes era unha Catalunya moderna, europea, integradora, transigente e vangardista nun país provinciano, case irrespirable, intransixente e supremacista dos que se consideran pata negra da pureza de pertenza ao país que consideran só seu.
Co vigairo Torra á fronte, cando a xente albergaba esperanza de cambios, coa constitución do novo goberno, resulta que outra vez, o goberno e os partidos que os sustentan, incluída a CUP, retroceden de novo ao momento de partida: constitución da República catalá, con ou sen o permiso das leis, o Estado, o goberno español, a UE, e o Santo Pai que está no Vaticano.
Mentres, négase á Fundación Princesa de Xirona un recinto público para a entrega dos premios aos novos talentos de Catalunya. Hai que facerlle o boicot ao Rey e á Casa Real e ata María das Mercedes que fai xa uns cuantos anos que se marchou ao mundo do silencio.
Por se non fose suficiente, o gran presidente do Parlament di que non pensa asistir aos actos do Rey. Faino para defender ao pobo de Catalunya, que pobo?
Cando se representa a unha institución, téñense unha serie de obrigacións que convén non esquecer. Son actos propios do seu cargo e ademais éntralle no soldo. Pensou que hai cidadáns aos que están a ofender? Pensar, non é que pense moito o xefe do Parlamento. Quizais, os fluídos dese gran lazo amarelo que leva na lapela, que lle serve de distintivo para saber a quen representa, fixéronlle efecto nas meninxes.
Pero con todo isto, en Catalunya non pasa nada, é un gran invento dos fachas, a canallesca e a España inculta e subsidiada.
O goberno de Catalunya é moi demócrata e está disposto a dialogar dos peixes de cores? Non, de como se vai a levar a cabo as desconexión con España, os prazos para facelo e da fórmula para perdoar a débeda que se que ten co Estado español. Iso é o que se chama diálogo sen imposicións. Unha cousa é a teoría e outra ben distinta o práctica "Faga o que eu digo, pero non o que eu fago".
E como di un amigo meu, isto só acaba de empezar. Espera a que empecen os xuízos aos políticos presos no outono e que devolvan a Puigdemont a España. Se este verán está a ser quente, esperen ao outono que a parte das follas pode caer algunha outra cousa.
Escribe o teu comentario