Convocan protestas ao quedaren libres 'La Manada' cunha fianza de 6.000 euros

O tribunal impón aos condenados a obrigación de comparecer os luns, mércores e venres no xulgado de garda da súa localidade.


|

Lamanadapixelada


A Sección Segunda da Audiencia de Navarra ditou a liberdade provisional baixo fianza de 6.000 euros para os cinco membros de 'La Manada' condenados a nove anos de cárcere por abuso sexual nos Sanfermines de 2016.


Unha decisión polémica que xa provocou reaccións en Galicia. Polo de agora hai unha concentración feminista "autoconvocada" para este xoves as 21 horas na Praza 8 de marzo de Santiago de Compostela. É probable que ao longo do serán xurdan novas convocatorias noutras localidades, vista a asistencia das manifestacións que houbo no seu día contra a sentenza inicial.


MEDIDAS CAUTELARES


Nun auto que previsiblemente se coñecerá este venres, o tribunal acorda que os cinco condenados poidan eludir a prisión provisional cunha fianza de 6.000 euros.


Ademais, o tribunal impón aos condenados a obrigación de comparecer os luns, mércores e venres no xulgado de garda da súa localidade.


Tamén lles impón a prohibición de entrar na Comunidad de Madrid, a prohibición de comunicación coa vítima, a retirada do pasaporte, e a prohibición de saír do territorio nacional sen autorización xudicial.


O auto conta cun voto particular discrepante, o do presidente do tribunal, quen avoga por prorrogar a prisión provisional de maneira incondicional.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE