Bolsa de traballo aos especialistas para acabar coas "sospeitas de nepotismo e clientelismo"
"Os primeiros beneficiados serían os pacientes", declaran nun comunicado, "porque contarían co mellor cadro médico posible, xa que cada praza sería cuberta pola persoa máis apta para iso"
A Confederación Estatal de Sindicatos Médicos en Galicia (CESM) reclama á Xunta de Glaicia a creación de unha bolsa de traballo para regular a contratación dos e as facultativas especialistas de área (Feas). O obxectivo do sindicato é que a provisión de prazas do persoal estatutario leve a cabo dunha forma "xusta" e acabar coas "sospeitas de nepotismo e clientelismo" que rodean o procedemento actual.
Consideran que o sistema dixital de contratación que leva dúas décadas en funcionamento é "inxusto" e provoca que as persoas candidatas sentan "condicionadas ou presionadas" ao pasar por "métodos arbitrarios ou simples entrevistas subxectivas". Por outra banda, alegan que o proceso de selección que expoñen, "baseado en principios de igualdade, mérito, capacidade, competencia e publicidade", evitaría "a fuga" dos profesionais mellor preparados, que se atoparían, segundo CESM, fartos do sistema actual.
"Os primeiros beneficiados serían os pacientes", declaran nun comunicado, "porque contarían co mellor cadro médico posible, xa que cada praza sería cuberta pola persoa máis apta para iso".
A pesar de que en 2017 a Administración comprometeuse a elaborar unha normativa para crear as listas de concentración, desde a Confederación acusan á Xunta de "desinterese". Esixen ao Sergas que cumpra "cos compromisos adquiridos" e con "a lei", e lembran que Galicia "atópase á cola de España" en normativa "obxectiva" para a creación de bolsas de traballo.
Escribe o teu comentario