Andaina contra a planta de residuos de Casalonga

|

Caseta camisetas FesTeo


Este domingo 17 de xuño a veciñanza dos concellos de Teo, Padrón, Ames e Santiago de Compostela participa en unha andaina para mostrar o seu rexeitamento á planta de residuos do monte Casalonga en Teo. A camiñada, que empezará ás 11.00h, forma parte das accións que está a tomar a Plataforma Casaloga Limpa de Residuos contra o complexo.


A Estación de tren de Osebe, a Escola de Casalonga, a Capela de Ameneiro, a Carballeira de San Martiño en Francos, o paruqe de Texexe, a área recreativa de Mouromorto e a Carballeira de Luou serán os sete puntos de partida que tomarán as persoas participantes. 


Desde a plataforma explicaron a descentralización da andaina: "Empézase en sete puntos diferentes a uns dous quilómetros do lugar onde Toysal quere instalar a planta de residuos, simbolizando a unión da veciñanza que, cada un desde o seu lugar, avanza decidida cara Toysal para dicirlle ben alto e claro: Nós chegamos primeiro, Toysal fose!"


As veciñas e veciños continuarán a marcha ata a Carballeira de Cornide, onde haberá achegas musicais da veciñanza, un palco e unha caseta da plataforma. As persoas que queiran finalizarán a camiñada na antiga canteira do monte Casalonga, onde se pretende instalar a planta de residuos. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress