Acusan á Xunta de "facilitar a entrada de empresas de baixo custo" con salarios 25% máis baixos en servizos de seguridade

A Federación de Servizos do sindicato UGT acusou á Xunta de Galicia de adxudicar servizos como a seguridade dos centros de menores galegos a unha empresa con convenio propio que rebaixa nun 25% os salarios.


|

Protesta de traballadores de seguridade ante a sede da Xunta en Santiago


A Federación de Servizos do sindicato UGT acusou á Xunta de Galicia de adxudicar servizos como a seguridade dos centros de menores galegos a unha empresa con convenio propio que rebaixa nun 25% os salarios.

O sindicato convocou este mércores unha concentración en Santiago de Compostela para denunciar que a Administración sacou "o 90% dos pregos dos contratos antes da entrada en vigor da Lei de contratación pública" para "facilitar a entrada a empresas de baixo custo".

De feito, apuntou que a Consellería de Política Social adxudicou a seguridade dos centros de menores a unha empresa con convenio propio, cuestión fará que os empregados "sufran unha situación de discriminación en relación aos que sexan subrogados", aos que se lle aplicará o convenio estatal de empresas de seguridade.

Ante estas cuestións, UGT considera que a Administración galega ten que "dar exemplo en materia de contratación pública, estar vixiante ante este tipo de situacións e non fomentar a contratación con empresas de baixo custo".

Así mesmo, instou á Xunta a "permanecer vixiante" ante posibles "vulneracións" da directriz europea de febreiro de 2016 e a Lei de seguridade privada.

"O que resulta inadmisible é que os traballadores das empresas de baixo custo do sector da seguridade que prestan os seus servizos para a Administración galega, ademais de facer o seu traballo, teñan que pelexar a diario porque se cumpran os seus dereitos laborais", sinalou.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE