O SERGAS recoñece que o 12% das súas camas non estarán operativas este verán

A Consellería de Sanidade defende a súa decisión de deixar sen servizo camas cada verán. Fronte ás críticas de colectivos de usuarios, oposición e sindicatos; o Goberno argumenta que é algo que se fai en todo o mundo e que "as camas non se pechan", pois seguen estando dispoñibles de ser necesario. 


|

 A Consellería de Sanidade defende a súa decisión de deixar sen servizo camas cada verán. Fronte ás críticas de colectivos de usuarios, oposición e sindicatos; o Goberno argumenta que é algo que se fai en todo o mundo e que "as camas non se pechan", pois seguen estando dispoñibles de ser necesario. 


Cama de hospital


O Servizo Galego de Saúde (Sergas) manterá operativas un 88 por cento do total das camas dispoñibles nos centros hospitalarios da rede pública galega este verán, o que supón "un 13% máis" das que se ocuparon na tempada estival de 2017.

Así o informou a Consellería de Sanidade nun comunicado de prensa, no que explica que se trata dun "porcentaxe similar" ao de anos anteriores, "e por encima da media de ocupación da tempada anterior".

"FAISE EN TODO O MUNDO"
Tras lembrar que "as camas non se pechan e están dispoñibles ao 100% en caso de necesidade", o Sergas concretou que "a planificación asistencial leva a cabo tendo en conta a responsabilidade principal da sanidade galega de garantir, en todo momento, a seguridade e a calidade asistencial dos pacientes".

Por iso, insiste a Administración sanitaria galega que "todas as áreas sanitarias do Sergas fan unha planificación tendo en conta os datos dos anos anteriores e os datos de ocupación".

Neste sentido, o Sergas recalca que este tipo de planificación en xestión sanitaria "non é unha peculiaridade" do sistema galego, "senón que se fai ao longo do ano en todos os servizos de saúde de todo o mundo".

MARXE
Deste xeito, en base aos datos de veráns anteriores, sitúa a ocupación de camas en torno ao 75%, "pero sempre se deixa unha marxe dun 12-13% ata alcanzar ese 88%, porcentaxe similar ao doutros anos", precisou.

Neste sentido, indicou Sanidade que os datos entre xuño e setembro de 2017 reflectiron unha porcentaxe de ocupación do 76,1 por cento. "Esta cifra pon de manifesto unha adecuada planificación dos recursos dispoñibles e garanten que todos os pacientes, en todos os casos, ingresan cando o necesitan nunha cama a cargo do servizo especializado adecuado para a súa atención, sempre", recalca o Sergas.

Deste xeito, o Sergas incide en que esta planificación para a época estival "obedece á racionalización dos recursos físicos e humanos" e, engade, "conta coa colaboración dos profesionais á hora de planificala". Respecto diso, reitera que na época estival "obsérvase unha redución de determinadas patoloxías" e, así mesmo, "unha diminución da demanda asistencial e, por tanto, dos índices de ocupación hospitalaria.

PLAN DE CONTINXENCIA
Neste sentido, o Sergas puntualiza que "máis da metade das intervencións cirúrxicas son ambulatorias" e "non requiren ingreso". Así mesmo, a estancia media hospitalaria "rexistrou unha tendencia descendente nos últimos anos", apostila.

Con todo, como medida de reforzo operativa fronte á posibilidade de que "ocorran situacións excepcionais e imprevisibles", o Sergas subliña que nos centros hospitalarios "existe un plan de continxencia que permite adoptar de modo áxil as medidas necesarias destinadas á adecuación dos recursos asistenciais".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE