"Cen afiliados máis ao mes" para Cs en Galicia

Os laranxas teñen implantación en 38 concellos, dos 313 que hai en Galicia. A pesar disto, considéranse ben colocados para dar un gran salto cualitativo nas eleccións de 2019. A Coruña será unha das súas prioridades.


|

Os laranxas teñen implantación en 38 concellos, dos 313 que hai en Galicia. A pesar disto, considéranse ben colocados para dar un gran salto cualitativo nas eleccións de 2019. A Coruña será unha das súas prioridades.



Cidadáns a coruu00f1a

Xantar de traballo de C's no Club Financeiro da Coruña


O secretario de organización de Cidadáns en Galicia, Laureano Bermejo, destacou o crecemento do seu partido na comunidade, cuns "100 afiliados" máis ao mes, e mostrouse confiado en que o partido de Albert Rivera logre aumentar o seu peso nos concellos para as próximas eleccións municipais.


A CORUÑA, PRIORIDADE PARA CIDADÁNS

Así o manifestou, en rolda de prensa, acompañado polo deputado de Cidadáns Sergio del Campo, tras participar nun xantar de traballo no Club Financeiro da Coruña.


"As expectativas de votos e as enquisas  danos posicións en todos os concellos. Onde non estabamos teriamos presenza e onde xa estabamos, dobraremos", sinalou Bermejo ao ser preguntado pola situación do partido na comunidade galega, e máis en concreto na Coruña.


Precisamente, na provincia coruñesa é onde os de Albert Rivera realizarán un "esforzo máis importante" para mellorar os resultados obtidos nas anteriores eleccións municipais.


PRESENTE EN 38 MUNICIPIOS

Para os próximos comicios nos concellos, o responsable da organización laranxa en Galicia indicou que os candidatos non se coñecerán ata "principios" do 2019, unha vez se organice o proceso de primarias -previsto para finais deste mesmo ano 2018-.


En canto ao crecemento do partido, Bermejo destacou que no últimos seis meses a formación aumentou a súa presenza nos concello galegos, pasando "de 16 a 38 concellos ".


"A barreira do 5% vai estar superada nas próximas eleccións", sinalou en relación á barreira electoral necesaria para obter deputados no Parlamento galego, e que nas anteriores eleccións non conseguiron superar.


"OPOSICIÓN RESPONSABLE"

Pola súa banda, o deputado Sergio del Campo, responsable de Emprego de Cidadáns en Madrid, manifestou a intención do seu partido de exercer unha "oposición responsable" ao novo goberno, liderado polo socialista Pedro Sánchez.


En materia de emprego, recoñeceu a necesidade de realizar "certos axustes" á reforma laboral, cuxa "reconsideración" xa avanzou a nova ministra de Traballo, Magdalena Valerio.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE