Florencio Delgado Gurriarán para o próximo Día das Letras?
Os alcaldes do Barco, A Veiga e A Rúa, Alfredo García, Juan Anta e Luís Fernández, respectivamente, reclamaron este xoves na presentación do I Premio de poesía Florencio Delgado Gurriarán que a Real Academia Galega (RAG) homenaxee ao poeta valdeorrés co Día ds Letras Galegas.a
Os alcaldes do Barco, A Veiga e A Rúa, Alfredo García, Juan Anta e Luís Fernández, respectivamente, reclamaron este xoves na presentación do I Premio de poesía Florencio Delgado Gurriarán que a Real Academia Galega (RAG) homenaxee ao poeta valdeorrés co Día das Letras Galegas.
"Florencio Delgado é un poeta moi importante non só para Valdeorras, senón tamén para toda Galicia. A finalidade deste premio, entre outras, é reclamar á Real Academia Galega que, máis pronto que tarde, dedíquelle o Día das Letras Galegas", declarou Alfredo Veiga.
O rexedor do Barco subliñou, o acto celebrado na sala de xuntas da Deputación de Ourense, que o poeta "ten méritos suficientes e a súa obra e vida é suficientemente importante para que a provincia de Ourense volva estar de parabén e volva ter a un dos seus fillos como representante das Letras Galegas".
Pola súa banda, o alcalde da Rúa, Luís Fernández, sinalou que o obxectivo principal do certame poético que se presentou é "realizar un recoñecemento a Florencio Delgado" que termine coa elección do valdeorrés "como homenaxeado no Día das Letras Galegas".
Escribe o teu comentario