A Fiscalía alemá solicita a extradición de Puigdemont
O paso dado hoxe reafirma o anuncio preliminar da semana pasada, cando xa avanzou a súa decisión de facer cumprir a euroorden emitida polo Tribunal Supremo español.
A Fiscalía Xeral de Schleswig-Holstein solicitou este venres a entrega a España do expresidente catalán e líder independentista Carles Puigdemont polos cargos de rebelión e malversación de fondos públicos.
O paso dado hoxe reafirma o anuncio preliminar da semana pasada, cando xa avanzou a súa decisión de facer cumprir a euroorden emitida polo Tribunal Supremo español.
A decisión sobre a entrega de Puigdemont a España deberaa tomar agora o Tribunal Rexional de Schleswig-Holstein.
A axencia DPA informara inicialmente por erro de que o tribunal xa se pronunciou a favor da entrega do expresidente catalán.
Escribe o teu comentario