Espectacular vídeo para denunciar a mina de Touro - O Pino
A Plataforma en Defensa dá Ría de Arousa (PDRA) acaba de lanzar un vídeo, moi ben producido, no que diversos colectivos alertan de os riscos da mina de Touro - O Pino. Agricultores, mariscadoras, deportistas, gandeiros e nenos foxen despavoridos ante "un mal nunca visto que arrasa Galicia!". I m
A Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA) acaba de lanzar un vídeo, moi ben producido, no que diversos colectivos alertan dos riscos da mina de Touro - O Pino. Agricultores, mariscadoras, deportistas, gandeiros e nenos foxen despavoridos ante "un mal nunca visto que arrasa Galicia!".
A peza forma parte da campaña de promoción da manifestación contra o proxecto de Atalaia Minning. A PDRA e os veciños de Touro convocan unha marcha o 10 de xuño en Compostela.
ÉXITO DOS CRÍTICOS COA MINA EN AROUSA
A Xunta está a examinar a solicitude de Cobre San Rafael, filial da multinacional Atalaya Minning. Os críticos ao proxecto alegan, entre outros factores, que as grandes balsas previstas supoñen un risco para o río Ulla e para o riquísimo ecosistema da Ría de Arousa.
De feito, as charlas dos críticos na comarca están a ser multitudinarias, apañando ademais o apoio de numerosos concellos, incluso os gobernados polo PP, partido que apoia a mina, polo menos nos municipios de Touro e O Pino.
Escribe o teu comentario