​Profesores mellorarán os seus coñecementos en tecnoloxía no CERN

Cinco mestres galegos seleccionados para completar a súa formación no centro que descubriu o Bosón de Higgs e axudou a desenvolver a web. O obxectivo é formarlles nos últimos avances científicos e así poder espertar as vocacións STEM entre os seus alumnos.


|

Cinco mestres galegos seleccionados para completar a súa formación no centro que descubriu o Bosón de Higgs e axudou a desenvolver a web. O obxectivo é formarlles nos últimos avances científicos e así poder espertar as vocacións STEM entre os seus alumnos.


Por segundo ano consecutivo, Viaqua e a súa fundación, Fundación Aquae, impulsan o Programa de Formación de Profesorado, grazas ao cal cinco docentes de ciencias e tecnoloxía, que traballan na Comunidade Galega en Educación Secundaria e Formación Profesional, viaxarán do 24 ao 29 de xuño a Xenebra para asistir a un curso intensivo de alto nivel na sede do CERN, o maior laboratorio de investigación en física de partículas do mundo.


O obxectivo deste programa, que en total concede bolsas a 19 profesores de España, é dobre: por unha banda, facilitar a actualización dos coñecementos teóricos e técnicos dos docentes bolseiros; e, por outra, ofrecerlles ferramentas para que poidan aplicar este coñecemento na aula, fomentando así as vocacións científicas entre os seus estudantes e animándolles a cursar carreiras universitarias STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas). Esta iniciativa tamén persegue axudar ás escolas españolas a establecer vínculos directos co CERN.



1024px CERN Globe of Science and Innovation

Sede do CERN


Lisa de seleccionados

Os profesores galegos bolseiros son Marta Fernández Solleiro e Mercedes Neira González, do Instituto de Educación Secundaria (IES) Xelmírez I (Santiago de Compostela); Jesús Fidalgo Hernández, do Instituto Plurilingüe Rosalía de Castro (Santiago de Compostela); David Bruzos Higuero, do IES Otero Pedrayo (Ourense) e Isabel María Segura Espiñenta, do IES Eduardo Pondal (Ponteceso). O resto dos docentes seleccionados proceden de Valencia, Cataluña, Andalucía, Castela León, Castela A Mancha e Melilla.


Segundo sinala Mariola Urrea, presidenta do Consello de Estratexia e Supervisión de Fundación Aquae, «tras o seu paso polo CERN, estes profesores de Secundaria e Formación Profesional volverán aos seus respectivos centros educativos, onde compartirán esta experiencia cos seus estudantes, colegas e público en xeral, actuando como embaixadores da ciencia e, máis en particular, da física de partículas e do CERN».


Durante unha semana, os docentes españois mergullaranse “ en clases maxistrais, conferencias, talleres prácticos, sesións de discusión e exposicións, onde aprenderán as últimas novidades e descubrimentos realizados no CERN e ampliarán os seus coñecementos en física, enxeñería e computación, mellorando a súa preparación para o desenvolvemento da súa actividade docente. Así mesmo, visitarán instalacións experimentais deste centro de investigación líder no mundo, incluíndo o acelerador de partículas construído baixo terra".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE