Abarrotado o auditorio de Vilagarcía en rexeitamento á mina de Touro - O Pino

As plataformas contrarias á mina convocaron esta reunión para concienciar á poboación da ameaza ambiental que supón o proxecto da empresa Atalaia Mining.


|

Mina touro reunion vilagacia 2


O pasado mércores 23 de maio o auditorio de Vilagarcía de Arousa acolleu unha reunión informativa sobre os aspectos técnicos relacionados coa mina de Touro - O Pino. As 700 localidades da sala enchéronse durante toda a charla. 


As plataformas contrarias á mina convocaron esta reunión para concienciar á poboación da ameaza ambiental que supón o proxecto da empresa Atalaia Mining. Así mesmo, a organización quixo "deixar claro" á Xunta de Galicia a preocupación polo futuro da ría, pola saúde e pola herdanza


Mina touro reunion vilagarcia 3


Os asentos do auditorio foron ocupados por autoridades como as rexedoras de Cambados, A Illa de Arousa, O Grove, entre outras. Tamén se acudiron traballadoras dos diferentes ámbitos do sector do mar e patroas das confrarías, unhas das afectadas directas da actividade mineira


Durante a reunión, interviñeron as doutoras en bioloxía María dos Ángeles Longa, directora de I+D+i do Consello do Mexillón; e Serafín González, investigador do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia -CSIC, ademais do doutor en economía e profesor na USC Gonzalo Rodríguez. 


MANIFESTACIÓN

A Plataforma Mina Touro - O Pino Non e a Plataforma en Defensa dá Ría de Arousa, co apoio doutras institucións e asociacións convocaron unha manifestación o vindeiro domingo 10 de xuño, baixo o lema "Por un rural sostible, por unha ría con futuro"


A marcha comezará ás 12.00h na Alameda de Santiago de Compostela, para finallizar na praza do Obradoiro. As organizacións convocantes aspiran a "encher" a praza par "presionar" coas súas "argumentacións" e que o Goberno autonómico non autorice o proxecto de Atalaia Mining e Explotacións Galegas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE