A liña A Coruña-Vigo-Ourense-Monforte formará parte do Corredor Atlántico
Reunión en Bruxelas
O presidente o Eixo Atlántico, Alfredo García, e o secretario xeral da entidade, Xoán Vázquez Mao, reuníronse este xoves en Bruxelas con Carlo Secchi, coordinador europeo da Rede Transeuropea de Transportes, para defender a inclusión da liña A Coruña-Vigo-Ourense-Monforte-O Barco-Palencia no Corredor Atlántico, enlazando coa parte deste corredor xa aprobado, entre Aveiro e a fronteira francesa.
Durante a reunión, Carlo Secchi confirmou ao presidente do Eixo que esta liña será proposta pola Comisión Europea o próximo 6 de xuño para a súa integración no Corredor Atlántico, iniciativa que será remitida para a súa ratificación polo Parlamento e Consello Europeo.
A previsión para a ratificación definitiva é dun ano aínda que o actual Parlamento ten intención de aprobalo antes das próximas eleccións europeas, explicou o Eixo.
En calquera caso, "a proposta será oficializada antes do 2020 para que poida ser cofinanciada no 2021 cos fondos do novo marco comunitario". A Comisión Europea realizará entre o 2021 e 2023 unha revisión do estado das obras para garantir que no 2030, como máximo, toda a rede europea estea finalizada.
Escribe o teu comentario