Axentes Ambientais e forestais maniféstanse por un acordo de condicións de traballo

Sindicatos e persoal fartáronse de esperar unha resposta da Xunta "tras sete meses de espera" e "a piques de entrar na época de alto risco de perigo de incendios" 


|


Axentesmedioambiental


CIG e UXT convocaron a axentes ambientais e forestais unha manifestación o xoves 24 de maio para esixir un novo acordo de condicións de traballo. O colectivo, segundo denuncia os sindicatos, leva once anos sen convenio


A persoal denuncia que, a pesar das súas demandas, a Dirección Xeral de Función Pública "quere impoñer un aumento de case o 50% das gardas ampliando a excesiva carga horaria de máis de 190 horas ao mes durante seis meses e ofertándonos unha subida salarial de 0,36 euros a hora". No comunicado sinalan que estas condicións impiden a conciliación laboral e familiar, e demandan unha solución ao aumento da tempada de alto risco de incendios. 


As organizacións sindicais piden que se elabore un novo acordo que teña en conta a segunda actividade das traballadoras, a adecuación do complemento específico, a subida dos niveis mínimos, unha proposta sobre a xubilación anticipada con coeficientes reductores, e a redución horaria das gardas e no cómputo anual. 


Sindicatos e persoal fartáronse de esperar unha resposta da Xunta "tras sete meses de espera" e "a piques de entrar na época de alto risco de perigo de incendios". Por iso, manifestaranse este xoves ás 10.30h desde o edificio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio en San Lázaro ata o edificio da Xunta en San Caetano. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE