Persoal de Urxencias advirte que non pode dar unha "atención adecuada" ante os recortes

Persoal dos Puntos de Atención Continuada (PACs) da área sanitaria de Vigo concentráronse este martes ante a sede do Sergas en Vigo para denunciar a "diminución de persoal" e unhas cargas de traballo "cada vez máis grandes", e avisar de que se lles obrigan a traballar máis horas non garanten poder prestar "unha atención adecuada a nivel sanitario".

|

Concentración de persoal do PAC. Maio 2018


Persoal dos Puntos de Atención Continuada (PACs) da área sanitaria de Vigo concentráronse este martes ante a sede do Sergas en Vigo para denunciar a "diminución de persoal" e unhas cargas de traballo "cada vez máis grandes", e avisar de que se lles obrigan a traballar máis horas non garanten poder prestar "unha atención adecuada a nivel sanitario".

En declaracións aos medios de comunicación, o portavoz do colectivo e médico do PAC de Tui, Carlos Gabián, lembrou que en 2008 o Sergas e os traballadores chegaron a un acordo sobre as súas condicións que agora "incumpre" a Administración autonómica, polo que esixen que o respecte.

Así, remarcou que levan "moitos anos aguantando", pero este verán quérenlles obrigar a facer "máis horas"; ao que se suma que este ano se xubilan 25 médicos e só "van saír seis ou sete residentes" e non se sabe "cantos se van a quedar en Vigo, porque non ofrecen contratos dignos".


PECHE DALGÚNS PAC POLAS TARDES
Ademais, indicou que nalgún PAC hai dous médicos e só un enfermeiro, polo que piden "como mínimo unha paridade". "Son cousas moi básicas, que darían vergoña a calquera xerente de calquera área", apuntou.

Tamén, en relación a Tui e Tomiño, comentou que no verán se prevé que polas tardes pechen os centros de saúde destas localidades, co que haberá maior "sobrecarga de traballo e máis horas" para o persoal dos PAC.

BAIXAS E PERMISOS RETRIBUÍDOS
A maiores, denuncian problemas coas baixas e os permisos retribuídos, que non lles pagan todas as dietas durante as xornadas que traballan e que non contan coas condicións nin o material necesario para atender aos pacientes que chegan en ambulancia.

Segundo dixo, estas reivindicacións, que afectan aos PAC galegos, están a negociarse en Santiago desde o pasado mes de febreiro, pero vai "moi lento". Así, a próxima reunión está prevista para a segunda quincena de maio.

Por iso, este martes concentráronse en Vigo e presentaron varios escritos para presionar ao Sergas para que atenda as súas reclamacións. "Queremos ofrecer un trato digno aos nosos pacientes, pero con sobrecarga de traballo non podemos atendelos con garantías", concluíu.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE