Protesta contra Zara polo despedimento "fraudulento" de varias traballadoras

Traballadoras de Zara concentráronse este mediodía diante do establecemento de Praza Galicia. Esixen a readmisión das traballadoras despedidas por solicitar un contrato indefinido despois de acumular varios contratos eventuais na marca. 


|

Traballadoras de Zara concentráronse este mediodía diante do establecemento de Praza Galicia. Esixen a readmisión das traballadoras despedidas por solicitar un contrato indefinido despois de acumular varios contratos eventuais na marca.


DSC 0159

Concentración en Praza Galicia | Imaxe: Eva Neira Carballo


Traballadoras de Zara concentráronse este mediodía diante do establecemento da firma sito en Praza Galicia, en Santiago de Compostela. É a segunda protesta que leva a cabo ante a cadea, despois da de Marineda City do pasado xoves 3 de maio, por mor dos despedimentos de varias traballadoras por denunciar os "eternos contratos eventuais" que tiñan na tenda. 


Medio centenar de persoas, convocadas polo sindicato UGT, coreaban na porta de Zara consignas como "Explotado, ti tamén" e "Traballo en Inditex e non chego a fin de mes". "A día de hoxe non temos ningunha noticia de Inditex, e o que entendemos é que parece que lle dá igual. Dálle igual incumprir o seu código ético e dálle igual botar a traballadoras válidas", dixo o responsable do Sindicato de Comercio de Galicia FeSMC-UXT, Álvaro Cajigal, durante a concentración en declaracións a Galiciapress


Desde que saíu á luz a denuncia das traballadoras e sindicato, e ante as mobilizacións convocadas, Inditex non se pronunciou sobre o tema. "Nós evidentemente non imos chamar. Xa saben o que pedimos, o que queremos é a readmisión", declarou Cajigal. Desde o sindicato están dispostas a negociar como se produciría a readmisión, pero non están abertas a debater a reincorporación das empregadas



DSC 0162

Concentración en Praza Galicia | Imaxe: Eva Neira Carballo


O obxectivo das concentracións é, por unha banda, que a empresa recapacite na súa postura, e, por outro, que a opinión pública coñeza a situación. "Sabía vostede que a empresa do home máis rico de España contrata fraudulentamente e despide ás súas traballadoras?", rezan os panfletos repartidos ás viandantes durante a mobilización. 


A partir de agora, o sindicato planea sentar co Comité de Empresa e as afectadas para trazar unha estratexia. "Está claro que non podemos obrigar [á empresa] a que readmita, pero o que non imos facer é quedarnos quietos", manifestou o representante de FeSMC-UXT. "O máis importante para os traballadores", continúa, "é ter un posto de traballo, por encima de todo o demais. Neste caso perdérono, e dunha maneira inxusta". Cajigal condenou os despedimentos das compañeiras de Zara, e advertiu de que farán "o que sexa necesario para seguir reivindicando, que a opinión pública conciencíese e que realmente vexan quen é Zara, que non é o que ven", sentenciou. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE