Enfermeiras contra os estereotipos: "non somos unha profesión sometida"
“Non somos unha profesión sometida, non só hai mulleres, tamén hai homes enfermeiros, e estamos totalmente capacitados e cualificados, somos profesionais”, defende a secretaria xeral do Sindicato de Enfermería en conversación con Galiciapress. SATSE presenta hoxe unha campaña acabar cona “imaxe retrógrada” que se asocia ao colectivo de enfermería.
“Non somos unha profesión sometida, non só hai mulleres, tamén hai homes enfermeiros, e estamos totalmente capacitados e cualificados, somos profesionais”, defende a secretaria xeral do Sindicato de Enfermería en conversación con Galiciapress. SATSE presenta hoxe unha campaña acabar cona “imaxe retrógrada” que se asocia ao colectivo de enfermería.
Durante o acto que acolleu a sede do Sindicato de Enfermería en Coruña, García Rivas presentou o cartel que están a distribuír polos hospitais “de toda Galicia e de toda España”, ademais dos folletos que entregan a usuarias e profesionais, para que, segundo explicou a secretaria xeral, “sentan orgullosos da súa profesión” e sexan conscientes de “as cousas son de carácter sexista, pexorativo ou menospreciador e que o denuncien”.
“Non somos unha profesión sometida, non só hai mulleres, tamén hai homes enfermeiros, e estamos totalmente capacitados e cualificados, somos profesionais”, defendeu Carmen García en conversación con este xornal.
Como parte da campaña, o Sindicato de Enfermería propuxo ao Ministerio de Sanidade a creación dun Observatorio da Igualdade do persoal do ámbito da saúde. “A ver se nos imos reeducando e considerando ao profesional da enfermería como o que é: con plenas habilidades, capacidades e cualificación suficiente como para desenvolver o seu labor e mellorar a poboación e a sociedade”, sentenciou García.
Preguntada polos obstáculos que se atopan as mulleres enfermeiras, a secretaria xeral de SATSE falou da súa profesión como un “reflexo social”. “Estamos na mesma tesitura onde non se nos aprecia da mesma maneira ou os comentarios non son dirixidos a un profesional cualificado como o que somos”. ‘Señorita’ ou ‘neniña’ son apelativos que teñen que soportar a miúdo as enfermeiras.
“Si teñen unha gran satisfacción da atención que prestamos pero queremos ir máis aló. Entenden que as mulleres enfermeiras estamos supeditadas ás ordes do médico”, confesa García. Na outra man atopámonos coa situación que viven os homes enfermeiros: frecuentemente son confundidos con celadores ou médicos. “Non os relacionan co profesional da enfermería”, engade.
A enfermería está feminizada. As aulas compóñense na súa maioría por mulleres, e iso débese, segundo a secretaria xeral de SATSE, aos estereotipos que rodean a profesión. “Se ti non fas unha profesión atractiva e non a fas rechamante tanto no rol, no recoñecemento social e por suposto en aspectos que son laborais e profesionais como os salarios, as prazas e as vantaxes no ámbito laboral, haberá mozos que non queiran estudar esta carreira”.
A campaña Rompe cos estereotipos é a primeira gran acción –ata agora fixéronse denuncias públicas en ocasións puntuais- do Sindicato de Enfermería en materia de Igualdade. Os próximos pasos xa están marcados: ademais de promover o Observatorio de Igualdade, “iniciaremos unha recollida de firmas masiva, enviaremos escritos e cartas dirixidas tanto ás administracións como ás direccións nos distintos centros privados, aos medios de comunicación”, conta García.
“A ver se somos capaces entre todos de poñer á enfermeira e ao enfermeiro no sitio que lle corresponde de recoñecemento, e non vernos reflectidos de maneiras que non teñen nada que ver co que facemos e co que somos”, sentenza.
Escribe o teu comentario