Foliada contra a mina de Touro
As Plataformas convidan a veciñanza a "comer, cantar, bailar e, sobre todo, gritar #MinaTouroOPinoNon"
Imagen: Mina de Touro - O Pino non
Plataformas Veciñais en contra da Mina de Touro-O Pino organizaron unha foliada este sábado en protesta pola actividade mineira.
A partir das 18,30h un total de dez grupos actuarán en Bama (Touro) nunha xornada reivindicativa, para acabar cunha foliada aberta ás 23.45h.
Mini de Boimorto, VouVirVorVer de Compostela ou Brisas do Quenllo de Tordoia son algúns dos artistas implicados na causa que estarán presentes coa súa música en Bama. As Plataformas convidan a veciñanza a "comer, cantar, bailar e, sobre todo, gritar #MinaTouroOPinoNon.
Escribe o teu comentario