O Sergas rexeita asumir o custo de intérpretes de lingua de signos para as consultas médicas

"A Federación de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG ) vén de notificarnos que o SERGAS rexeita asumir os custos das intérpretes de lingua de signos que acompañan a persoas xordas nas súas citas médicas", declara a Asociación de Personas Sordas de Santiago de Compostela. 


|


Personassordas

Xunta directiva da APSSC | Imaxe: APSSC


A Asociación de Personas Sordas de Santiago de Compostela (APSSC) pide unha accesibilidade real para as persoas con discapacidade auditiva. Así o manifestaron nun comunicado onde solicitan a todos os grupos políticos "con sensibilidade social" que se somen á campaña e á loita. 


"A Federación de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG ) vén de notificarnos que o SERGAS rexeita asumir os custos das intérpretes de lingua de signos que acompañan a persoas xordas nas súas citas médicas", declara a APSSC. A FAXPG é a entidade responsable de establecer convenios coa Xunta de Galicia nesta materia e quen cubrirá finalmente "o custo dos servizos no ámbito sanitaario na súa totalidade", segundo o comunicado, a pesar de que o Servizo Galego de Saúde manifestase o seu interese en incluír o servizo de interpretación nos seus orzamentos.


A Asociación compostelá considera "urxente" que se solucione este problema. "A Xunta debe garantir e loitar pola calidade de vida dos habitantes de Galicia e non potenciar a discriminación entre eles", sentenza. 


A LEXISLACIÓN

A Lei da Legua de Signos e de Medios de Apoio á Comunidade Oral das Persoas Xordas, Sordociegas e con Discapacidade Auditiva, pioneira en Europa, entrou en vigor en outubro de 2007 buscando "propiciar o acceso á información e á comunicación das persoas xordas". A norma recoñece a lingua de signos española como "lingua das persoas xordas que decidan utilizala", como explica a APSSC.

relacionada Loitando por máis libros para as persoas con discapacidade

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE