Loitando por máis libros para as persoas con discapacidade

Importantes casas editoriais como Kalandraka, SM, Editorial Galaxia ou Santillana participaron no 1º Encontro de clubs de lectura fácil, celebrado este venres en Santiago de Compostela.


|

Importantes casas editoriais como Kalandraka, SM, Editorial Galaxia ou Santillana participaron no 1º Encontro de clubs de lectura fácil , celebrado este venres en Santiago de Compostela. 


En palabras do presidente de FADEMGA Pena inclusion Galicia, Eladio Fernández,a lectura fácil é unha porta para “acceder á información, á formación e á capacitación, posibilitando que as persoas con discapacidade intelectual podan desenvolver as súas potencialidades cognitivas, afectivas, emocionais, sociais e creativas”.



FADEMGA


MÁIS CLUBS DE LECTURA


 O Hotel Congreso de Teo, acolleu este venres a celebración do 1º Encontro de clubs de lectura fácil, onde máis de 100 persoas se reuniron para reivindicar "a importancia de eliminar as barreiras cognitivas, puidendo así garantir que as mensaxes e a información que ofrecemos sexan comprendidas polo conxunto da cidadanía".


Durante o encontro, déronse a coñecer experiencias e boas prácticas sobre accesibilidade cognitiva, sobre lectura fácil e mesmo sobre os novos clubs de lectura que tanto se están a medrar nos últimos anos a través de entidades e bibliotecas da nosa contorna, grazas en parte ao traballo e colaboración que están a levar a cabo asociacións e editoriais como BATA e a editorial Kalandraka, Galaxia con Juan XXIII, ou a editorial SM coa edición da colección de Lectura Fácil de El Barco de Vapor.


Eladio Fernández destacou o importante papel das bibliotecas públicas e bibliotecas escolares, na promoción de espazos de lectura fácil para as persoas con discapacidade intelectual ao tempo que animou ás editoriais" a facer unha aposta por este tipo de materiais adaptados e poder así aumentar de maneira progresiva o catálogo de títulos dispoñibles".


MARCO LEGAL


A   lectura fácil é un dereito reflexado na Convención dos Dereitos das Persoas con Discapacidade da ONU así como na Lei 10/2014 do 3 de decembro de accesibilidade de Galicia, onde se fai referencia por primeira vez na nosa comunidade á necesidade de ter en conta a lectura fácil para mellorar a información nos espazos públicos, a información de seguridade e como sistema de comunicación e sinalización en edificios.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE