Catro finais para regresar a Europa
Ao Celta de Vigo sepáranlle seis puntos do Vilarreal, polo que o reto é un de altura.
O soño de disputar a Europa League na tempada 2017/2018 latexa con forza en Balaídos neste tramo final. Ao Celta de Vigo sepáranlle seis puntos do Vilarreal (sexto), polo que o reto é un de altura. Trátase dun obxectivo difícil pero non imposible contando con que hai un duelo directo cos amarelos e un total de 12 puntos en xogo.
Os de Juan Carlos Unzué preisarán, máis que nunca, do apoio da grada para facer viable esta remontada desde a décima praza ás seis primeiras. Os dato non minten. O Celta crécese cando xoga como local, de aí que leve unha volta enteira sen coñecer a derrota en Balaídos.
A última data do 17 de decembro ante o Villareal, precisamente o seu próximo adversario. Desde aquel 0-1 ante os castellonencos, o bloque celeste encadea dez encontros seguidos sen coñecer a derrota, nove correspondentes a LaLiga e un á Copa do Rey. Neste espazo de tempo, os vigueses superaron ao Real Betis, o Eibar, As Palmas e o Sevilla e asinaron as táboas co Valencia, o Málaga, o Espanyol e o Barcelona en dúas ocasións, unha en cada competición.
Convertido Balaídos nun fortín inexpugnable, cóntase con que o Celta some, polo menos un punto, ante o Deportivo da Coruña e o Levante na última xornada. A clave para escoitar, dous anos despois, os acordes da Europa League estarán nos desprazamentos. Fóra de casa, debe medirse ao mencionado Vilarreal e tamén ao Real Madrid. Non é o mellor calendario posible, pero os números cadran. O Celta ten marxe para disputar unha competición na que deixou pegada durante a campaña 2016/2017 ao chegar a semifinais, a mesma en que o Atlético de Madrid e o Arsenal postúlanse como os grandes favoritos se revisamos as cotas das apostas, buscando ambos ocupar o trono que ata o momento ocupa o Manchester United de José Mourinho.
Unzué encarará esta fase do campionato cos efectivos xustos. A tempada estáselle facendo dura a un Celta que perde para as próximas xornadas a Facundo Roncaglia, Nemanja Radoja e Iago Aspas. Sen dúbida, a baixa máis importante é a do dianteiro de Moaña. Lesionouse ante o Barcelona e está a acelerar o proceso de recuperación, como o arxentino, para estar listo de fronte ao derbi do próximo 5 de maio. O Celta botará en falta o seu olfacto goleador polo menos un encontro máis, polo que, como ante o Valencia, Unzué podería recorrer a unha dupla en ataque formada por Maxi Gómez e Brais Méndez. O uruguaio, con 14 dianas, é o segundo máximo artilleiro do Celta e xa deu un punto ao equipo co seu tanto ante o Valencia hai unha semana.
Ante a posibilidade de disputar o curso vindeiro unha competición máis, a secretaría deportiva púxose xa ao choio para mellorar as prestacións do persoal e ofrecer a Unzué un cadro de persoal con máis alternativas. Neste sentido, a portería será unha das posicións para reforzar e soa para o posto un vello coñecido polo seu pasado como deportista: Fabricio Acosta.
Escribe o teu comentario