Un Celta capaz de competir cos mellores

Tras o empate a dous ante o Barça en Balaídos, o Celta volveu a demostrar que é capaz de tratar de igual a igual a calquera equipo que se lle poña por diante, mesmo cos mellores de LaLiga.


|

Tras o empate a dous ante o Barça en Balaídos, o Celta volveu a demostrar que é capaz de tratar de igual a igual a calquera equipo que se lle poña por diante, mesmo cos mellores de LaLiga.



Celta adestrando na Madroa por juantiagues flickr


Danza céltica na néboa da Madroa - Juantiagues Flickr


A pesar de que a tempada non estea a ser a máis regular para o Celta de Vigo un novo empate ante o FC Barcelona, o terceiro do curso, volveu demostrar que o equipo galego é capaz de pelar con calquera. Este feito poderao revivir nunhas semanas ante o Real Madrid, conxunto que se atopa entre os favoritos nas apostas da Champions League de bet365 para gañala, pero que en LaLiga Santander víuselle algo máis frouxo que de costume.


Os de Juan Carlos Unzué  teñen algunha opción de acabar en postos europeos a campaña, aínda que está case imposible para eles a estas alturas. Restan moi poucas xornadas para a conclusión do campionato e a realidade é que fóra de casa está a custarlles moito gañar os partidos.


Por tanto, parece que o seguinte obxectivo do Celta é vencer a un Real Madrid que xa podería perder LaLiga para entón. Marcha moi lonxe do Barça e é por iso polo que ante os vigueses cabe a posibilidade de que saquen unha aliñación menos habitual, dando así descanso aos seus titulares para a Champions League onde aínda si que poderían seguir vivos.


Non deixa de ser canto menos sintomático o feito de que o Celta aínda non perdese ante ningún dos dous grandes nesta Liga. Ante os azulgranas empatou os dous partidos co mesmo resultado de 2-2, mentres que ante o Madrid na ida o partido concluíu tamén con este marcador.


Se seguimos botando unha ollada aos seus resultados, o Celta enfrontouse ao Barça en Copa do Rey este ano. Foi a eliminatoria máis igualada dos oitavos de final, alá polo mes de xaneiro. En Balaídos o resultado tamén foi de empate (1-1), mentres que na volta os de Unzué se que tiveron que ceder ante a falta de profundidade no persoal para competir cada tres días ante este tipo de equipos, o que lle supuxo a eliminación nesta competición.


En gran parte, a culpa do bo facer do equipo é dun Iago Aspas que xa marcha entre os grandes goleadores do club. Actualmente no quinto posto da lista histórica do Celta, o de Moaña podería terminar a tempada no Top 3, pasando así a dúas lendas como son Rogelio Tapia e Hermidita. Máis lonxe quedan Manuel Copena Nolete con 161 goles e Moncho Polo que con 166 ocupa a primeira praza do ránking.


Estes números servíronlle ao dianteiro galego para facerse un oco no equipo nacional. Julen Lopetegui está a contar con Aspas nas últimas convocatorias e, salvo sorpresa, fará o propio para o Mundial de Rusia onde España podería resultar campioa do mundo por segunda vez na súa historia.


En definitiva, parece que o Celta de Vigo asentouse nos postos dianteiros da clasificación, afacéndose a pelexar por cada partido e demostrando que é capaz de gañar a calquera que se despiste, o que o converte nun dos mellores clubs de fútbol de España na actualidade.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE