Caballero: "Parece que o Celta non xoga en Galicia"

O Concello de Vigo segue rascándose o peto en modernizar Balaídos a pesar da guerra desatada polo presidente do Celta, Carlos Mouriño, que conta co apoio do PP e do Goberno Galego.


|

O Concello de Vigo segue rascándose o peto en modernizar Balaídos a pesar da guerra desatada polo presidente do Celta, Carlos Mouriño,  que conta co apoio do PP e do Goberno Galego.



Carlos Mouriño Abel Caballero Celta

Caballero e Mouriño nun acto cando as relacións non estaban rotas



NOVAS OBRAS EN BALAÍDOS


Hoxe a Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo adxudicou, por 680.000 euros, o proxecto técnico para a reforma das bancadas de Gol e Marcador, e a construción dun aparcadoiro subterráneo no estadio municipal de Balaídos.


Así o confirmou en rolda de prensa o alcalde olívico, Abel Caballero, quen sinalou que o adxudicatario foi o estudo de Pedro de la Puente, que ten oito meses para realizar o proxecto.


O financiamento da redacción do proxecto enmárcase nun convenio de colaboración asinado entre o goberno local e a Deputación de Pontevedra, que inclúe tamén 350.000 euros para renovar os asentos na bancada de Río Baixo.


Así, salientou, "só nas obras" de reforma do estadio, investíronse xa case 13 millóns de euros, por parte de Concello e Deputación provincial, mentres que a Xunta puxo "cero euros". "Parece que o Celta non xoga en Galicia", ironizou o alcalde.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE