Primeiras oposicións para persoas con discapacidade intelectual

FADEMGA Plena Inclusión defende o emprego como factor chave para a inclusión de persoas con discapacidade intelectual, porque consideran que o traballo "favorece a súa autonomía persoal e a súa participación na vida da comunidade, redefine o seu rol no seo familiar, e mellora o seu nivel de autoestima" . 


|

Image004

Imaxe: FADEMGA Plena inclusión


Esta mañá o Diario Oficial de Galicia publicou a lista de persoal laboral fixo da Xunta. Foron adxudicadas un total de seis prazas nas primeiras oposicións destinadas persoas con discapacidade intelectual na nosa comunidade. 


FADEMGA Plena Inclusión defende o emprego como unha das súas liñas de traballo principais con persoas con diversidade funcional, porque consideran que o traballo "favorece a súa autonomía persoal", así como a súa "participación na vida da comunidade". Tamén "redefine o seu rol no seo familiar e mellora o seu nivel de autoestima". Aínda que a razón máis importante para fomentar o emprego é "porque elas queren traballar". 


A asociación, que celebra os resultados obtidos nas probas nun comunicado, "defende desde hai anos a adopción e outro tipo de medidas" para a inclusión, como a adaptación dos exames a través de probas prácticas "onde se demostre que posúen os coñecementos básicos para a execución do traballo", ademais reservar unha parte da contratación pública aos Centros Especiais de Emprego.

relacionada Primeiro paso para un centro para 110 persoas con discapacidade e de "xestión pública"
relacionada "As persoas con discapacidade intelectual teñen dereito a ter unha sexualidade como o resto"
relacionada "Por que ti podes ler e eu non?"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE