"Por que ti podes ler e eu non?"

FADEMGA Plena Inlusión Galicia aproveita o Día do Libro para reivindicar o acceso á lectura fácil.


|


Pictogramas

Proposta de pictogramas para o Museo da Lectura | Imaxe: Carmen M. Freile


A Federación Galega de Asociacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento  (FADEMGA Plena Inclusión Galicia), aproveitou o Día do Libro para reivindicar o acceso á lectura fácil. 


A lectura fácil é un método que adapta os textos e documentos para as persoas con problemas de comprensión, permitindo o acceso á cultura e ao goce da lectura ás persoas con discapacidade intelectual. 


"A lectura fácil permítenos acceder ao emprego, á saúde, á cultura... Por iso denominámola unha dereito clave, porque nos abre a porta doutro tipo de dereitos", di a Asociación. "Para as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento é unha necesidade importante, porque sen ela non poderían acceder á información", e a falta de acceso fai que non poidan "participar nin estar incluídos na sociedade". 


Desde FADEMGA Plena Inclusión Galicia promoven a adaptación de todo tipo de información da lectura fácil, e piden, con motivo do Día do Libro, "máis lectura fácil e, en xeral, un mundo máis fácil de entender". A Asociación puxo en marcha a 1ª Xornada de Clubs de Lectura Fácil o próximo 27 de abril, onde se compartirán "experiencias e boas prácticas sobre accesibilidade cognitiva, sobre lectura fácil" e sobre os clubs de lectura.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE