Primeiro paso para un centro para 110 persoas con discapacidade e de "xestión pública"

O conselleiro de Política Social promete que o novo centro que se constuirá en Ourense será xestionado pola Xunta. Aínda non hai data para a inaguración, pero xa se dispón de terreos.


|

O conselleiro de Política Social en Ourense.

O conselleiro de Política Social promete que o novo centro que se constuirá en Ourense será xestionado pola Xunta. Aínda non hai data para a inaguración, pero xa se dispón de terreos.  Así, o Concello de Ourense cede á Xunta de Galicia unha parcela de 4.953 metros cadrados situada en Barrocás para a construción dun centro residencial e de atención diúrna para persoas con discapacidade. Ourense é a única provincia galega que carece actualmente deste servizo.

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, executaron a firma para a transmisión do terreo situado na rúa Cesáreo González por parte do concello ao organismo autonómico. A parcela "responde as necesidades dos pais, das nais, da Xunta de Galicia e do propio Concello de Ourense", recoñeceu a responsable da área social da Xunta pouco despois de rubricar o convenio.

A XUNTA PROMETE A XESTIÓN PÚBLICA

O centro para atender a persoas con discapacidade contará con 110 prazas e un investimento plurianual de 5 millóns de euros. A xestión, segundo o titular de Política Social, será pública.

"Nós temos un compromiso cos pais e as nais de que o centro será de xestión pública; non ten ningún sentido realizar un investimento tan importante como esta se non responde o interese das persoas que o van a utilizar", sinalou.

As datas para a posta en marcha do servizo, como afirmou Rey Varela, non están determinadas. "Non me gustaría dar unha data concreta, o que queremos é cumprir con toda a rapidez os prazos establecidos na normativa; os pais e as nais sabían que tiñamos outras solucións máis rápidas, pero eles mesmos dixeron que preferían conseguir un gran centro para a cidade e a provincia que ter rapidez", esgrimiu.

ESPERAR AO CONCURSO GAÑADOR


O seguinte paso para a execución do servizo é a convocatoria dun concurso de ideas para a redacción do proxecto, que sairá publicado nas próximas semanas no Diario Oficial de Galicia (DOG).

"O proxecto gañador é o que nos dirá prazos exactos e custos exactos para a construción do centro", subliñou o conselleiro de Política Social.

O alcalde de Ourense destacou a importancia da firma deste convenio e deixou claro que desexa que o centro sexa unha obra crave para a cidade. "É un paso moi importante; o edificio, máis aló do que poida custar, quero que sexa unha obra de relevancia e de referencia para Ourense", dixo o rexedor ourensán, quen tamén sinalou o seu obxectivo de conseguir que o seu mandato sexa "o máis social da historia da cidade".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE