Outro alixo de licor ilegal
O desenvolvemento do sector dos espirituosos en Galicia está lastrado pola competencia desleal dos que non pagan impostos e, ademais, non están controlados por Sanidade. Nesta ocasión, o sospeitoso operaba tanto unha adega como un local de hostalería.
O desenvolvemento do sector dos esperituosos en Galicia está lastrado pola competencia desleal dos que non pagan impostos e, ademais, non están controlados por Sanidade. Nesta ocasión, o sospeitoso operaba tanto unha adega como un local de hostalería.
Así, a Garda Civil incautouse de 3.500 litros de licor ilegal en un establecemento público de Ferrol e nunha nave do municipio de San Sandurniño destinada ao almacenamento e envase de bebidas alcohólicas.
Nun comunicado, o instituto armado explica que o alcol estaba distribuído en garrafas e botellas de diferentes capacidades, 488 garrafas baleiras, e máis dun milleiro de botellas preparadas para a súa utilización.
Así mesmo, interveu tres depósitos de aceiro inoxidable cunha capacidade de 4.000 litros, unha máquina taponadora, dúas máquinas filtradoras, embudes, produtos químicos, esencias e outros materiais para a fabricación e distribución de licores.
A Garda Civil ha explicado que ambos os establecementos estaban rexentados polo mesmo individuo.
Escribe o teu comentario