Peche de campaña dos candidatos ao reitorado da Universidade de Vigo

Fernández e Reigosa coinciden en que a demanda de diálogo lidera as peticións da comunidade universitaria, que busca ser escoitada e ver as súas preocupacións atendidas. Fernández aproveitou o peche de campaña para pedir o voto ás persoas indecisas presentándose como a alternativa que tentará "abordar os problemas do presente, pero sobre todo deseñar a universidade do futuro".


|

Reitoruvigo

Os candidatos Emilio Fernández e Pachi Reigosa, respectivamente | Imaxe: UVigo


O vindeiro luns 23 de abril, ao redor de 20.300 integrantes da UVigo están chamadas a votar. Emilio Fernández, por Ideas que Suman, e Pachi Reigosa, por H2040, son os candidatos para ocupar o cargo de reitor da Universidade de Vigo durante o próximos catro anos. 


O candidato de Ideas que suman escolleu o xoves 19 a Escola de Enxeñería de Telecomunicación como escenario para o seu peche de campaña, mentres que o aspirante de Horizonte2024 decantouse pola Escola de Enxeñería Industrial. Ambos estaban acompañados de parte dos seus equipos de gobieno e fixeron balance do traballo levado a cabo durante as últimas semanas.


A principal mensaxe que chegou aos candidatos durante a campaña é claro. Fernández e Reigosa coinciden en que a demanda de diálogo lidera as peticións da comunidade universitaria, que busca ser escoitada e ver as súas preocupacións atendidas


Fernández aproveitou o peche de campaña para pedir o voto ás persoas indecisas presentándose como a alternativa que tentará "abordar os problemas do presente, pero sobre todo deseñar a universidade do futuro". Reigosa, pola súa banda, apelou ás posibles votantes buscando voces discrepantes nos órganos de goberno e negociación. "Se pensan que a nosa aposta pola universidade das persoas, por incrementar o número de persoas e a calidade dos postos de traballo é boa, que nos voten a nós", dixo o candidato. 

relacionada Viaño: “Os sacrificios eran necesarios para sanear a USC"”
relacionada A Uvigo encabeza un proxecto de subtitulado de retransmisións en directo e en idioma estranxeiro

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE