Xornada mobilizacións en defensa das pensións o domingo 15 de abril
Xubiladas galegas, convocados por UGT e CC.OO, sairán á rúa de novo este domingo nunha ducia de cidades e pobos para reclamar pensións dignas. CIG-Ensino convocou ao profesorado en 23 localidades para loitar polas súas pensións e en contra dos recortes.
Os sindicatos UGT e Comisiones Obreras convocaron mobilizacións nunha ducia de cidades e pobos galegos para reclamar pensións dignas. As manifestacións serán ás 12.00h en todos os municipios excepto en Lugo, que terá lugar ás 12.30h desde o edificio da Xunta.
O resto de mobilizacións serán ao mediodía en: Santiago (Praza de Cervantes), A Coruña (Obelisco), Ferrol (Praza de España), Viveiro (ante o Concello), Foz (ante o Obelisco), Ourense (Praza Maior), O Barco (ante o concello), Pontevedra (Praza de España), Vigo (Marco), Vilagarcía (ante o concello) e O Grove (ante o concello).
Para ambos os sindicatos as medidas recollidas nos Orzamentos Xerais do Estado (PGE) son "parciais e insuficientes" e "non van solucionar o problema presente e futuro das pensións".
Respecto diso, critican que a pensión media en Galicia é de 788,5 euros, lonxe dos 918 euros da media do Estado, mentres o 64% das pensións na Comunidade non chegan á cifra do Salario Mínimo Interprofesional (o 50% no caso estatal).
O PROFESORADO TAMÉN PARA
CIG-Ensino convocou onte ao profesorado para mobilizarse en 23 localidades galegas para recuperar os seus dereitos e por unhas pensións dignas.
O sindicato declárase nun momento "de acumulación de forzas para dar unha resposta contundente que obrigue ao Goberno do PP en Madrid á derrogación das reformas laborais e das pensións", e que leve á Xunta "a comezar unha negociación real para que o profesorado recupere os seus dereitos".
Escribe o teu comentario