"Agresións" de membros do clan Charlín a varios xornalistas

O Colexio de Xornalistas denuncia as agresións de onte en Cálago, Vilanova de Arousa, cando xornalistas estaban á beira dunha vivenda onde se produciu un asalto con violencia. Trátase do imueble da familia Charlín, que denunciou un asalto por parte de encapuchados, en teoría, para roubarlles. 


|

O Colexio de Xornalistas denuncia  as agresións de onte en Cálago, Vilanova de Arousa, cando xornalistas estaban ao ladod unha vivenda onde se produciu un asalto con violencia. Trátase do imueble da familia Charlín, que denunciou un asalto por parte de emcapuchados, en teoría, para roubarlles. 



Manuel Charlín en 'Conexión Fariña'


"Membros da familia vítima do asalto agrediron a varios dos profesionais apostados nas proximidades do chalé", asegura o colectivo que exerce a representación institucional dos informadores galegos.


De acordo ao seu relato, tres membros do clan increparon aos comunicadores reunidos ao redor da vivenda, golpearon nas costas a un fotógrafo e tiraron ao chan o micrófono e o teléfono móbil dunha reporteira. 


O IMPACTO DA SERIE FARIÑA


O colexio lembra que os Charlín, con varios dos seus membros condeados por delitos de narcotráfico e branqueo, culpou á prensa e á exitosa serie de televisión Fariña, baseada no libro do xornalista Nacho Carretero, da agresión que dúas dos seus membros sufriran pola mañá.


"Comprendendo a situación de tensión na que podían estar os familiares dos agredidos, o Colexio de Xornalistas non pode senón condenar estes lamentables actos, que representan un ataque máis aos xornalistas no desempeño do seu labor", denuncia o Colexio. Os Charlín non se pronunciaron por agora sobre o sucedido.


Os xornalistas argumentan que a estratexia de culpar aos informadores do asalto producido, non é máis do que unha maneira de "atacar ao mensaxeiro" que atenta contra a liberdade de información.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE