A dixitalización, clave para o aforro enerxético nas empresas


Como utilizar as novas tecnoloxías para lograr que as empresas sexan máis eficientes e, por tanto, máis rendibles? Sobre este tema xirou a conferencia “Enerxía, Medio Ambiente e Industria 4.0” que a Fundación Gas Natural Fenosa programou esta mañá en Santiago de Compostela.


|

Seminario sobre enerxía en Santiago

Xornada en Santiago sobre eficiencia enerxética



Como utilizar as novas tecnoloxías para lograr que as empresas sexan máis eficientes e, por tanto, máis rendibles? Sobre este tema xirou a conferencia “Enerxía, Medio Ambiente e Industria 4.0” que a Fundación Gas Natural Fenosa programou esta mañá en Santiago de Compostela.


Marti Solà, director da Fundación Gas Natural Fenosa, argumentou que "a presenza da industria 4.0 é unha realidade para as empresas que cren, entre outros beneficios, que unha mellor xestión enerxética ambiental é posible. Desde a Fundación  traballamos para xerar un debate construtivo e incrementar a cultura dixital para impulsar melloras sustentables no sector da enerxía”.


Pola súa banda o conselleiro de Economía, Francisco Conde, razoou que o uso das novas tecnoloxías permite a empresas galegas melloras de produtividade de dous díxitos, da contorna do 10%, "a custo cero". Como exemplo puxo a utilización de 'software' libre, con incrementos da produtividade do 10%. 


O mandatario chamou a "evitar" que se produza unha "fenda dixital", animando ás empresas para mellorar os seus produtos con cambios tanto nos modos de produción como nas canles de comercialización.


EXEMPLOS DE EMPRESAS QUE MELLORARON A SÚA EFICIENCIA


Durante a segunda parte da xornada, expuxéronse exemplos das aplicacións da industria 4.0 en dúas empresas de sectores produtivos en Galicia como son o de alimentación e o tecnolóxico.


O xerente do Centro de Produción en Galicia da empresa de bebidas Pernod Ricard España, Víctor Rodríguez-Marqués, explicou o funcionamento da súa “fábrica intelixente”, explicando como a dixitalización dos procesos permite a toma automática e en tempo real dos datos da planta de produción. Así mesmo, detallou o proxecto que desenvolveu Pernod Ricard España para mellorar a xestión enerxética e ambiental das súas plantas, integrando os recursos enerxéticos e hídricos a tempo real.


Nese sentido, o xerente da empresa de bebidas destacou como a industria 4.0 permite mellorar a eficiencia e a calidade dos equipos, á vez que reduce os gastos de produción e incrementa a produtividade da fábrica.


Posteriormente, o xerente en CO2 Smart Tech, Gustavo Amann, ofreceu a visión da súa empresa, que converteu o seu software de xestión enerxética nunha ferramenta imprescindible para dar resposta aos factores que afectan os consumos nas industrias. Así, a información e o coñecemento que achegan estas ferramentas avanzadas tradúcense en aforros no curto, medio e longo prazo para as organizacións.


Para Gustavo Amann, o nacemento da industria 4.0 xorde da necesidade de aumentar produtividade, competitividade e reducir os custos operativos. Nese sentido, o desenvolvemento das novas tecnoloxías (big data, Cloud computing IOT..) permiten a medianas e grandes empresas acceder a ferramentas ás que hai poucos anos só podían acceder as grandes industrias


ENERXÍA, MEDIO AMBIENTE E INDUSTRIA 4.0


Pola súa banda, a directora de Enxeñería e Innovación Tecnolóxica de Gas Natural Fenosa, Branca Losada, abordou as modificacións que se están dando no sector enerxético coa industria 4.0, con procesos de creación "acelerados".



03 Seminario Energia Santiago

relacionada A Fundación Gas Natural Fenosa organiza un seminario sobre tecnoloxía para mellorar a xestión das empresas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE