​Cambios na presidencia de El Correo Gallego

|

A familia Barrera, propietaria de Editorial Compostela -a matriz do Correo Galego e Correo TV- , abandona a cabeza administrativa do grupo editorial. O Rexistro Mercantil recolleu en febreiro o cesamento de Fernando Barrera Morate como presidente do consello de administración.



Josemanuelrey

José Manuel Rey nunha imaxe do Concello de Santiago


Trátase dun nomeamento significativo, pois é a primeira vez que os Barrera non figuran á fronte do decano da prensa de Santiago de Compostela desde a morte do histórico editor, Feliciano Barrera, en 2002.


José Manuel Rey Novoa, o director do xornal e ata febreiro vicepresidente da compañía, asume o cargo de presidente. O xornalista chegara á vicepresidencia en substitución doutro membro da familia fundadora, Manuel Cabrerizo Barrera, que cesou como conselleiro en setembro.


Os Barrera -accionistas maioritarios do grupo- ceden posicións así, quedando como único conselleiro Fernando Barrera. Iso segundo o Rexistro Mercantil, pois na web corporativa non figura o seu nome.


O portal da empresa se recolle un movemento posterior, cando María Almodóvar Picon substituíu a Dores Martínez García (tamén apoderada da coñecida distribuidora de combustibles Galuresa) como conselleira.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress