PuntoGal e a Real Academia Galega premian cinco microrrelatos

A Real Academia Galega (RAG) e PuntoGAL premiaron un total de cinco microrrelatos nun concurso para proxectar o galego na internet, segundo informa a institución académica.


|

CONCURSO MICRO-RELATOS DA RAG


Xa hai gañadores do concurso de microrrelatos organizado pola Real Academia Galega (RAG) e PuntoGal. O obxectivo, promocionar o uso do galego na internet.

O primeiro premio, seleccionado entre case 400 relatos, foi para Silvia Camesella Gesteira, natural de Nigrán (Pontevedra). O seu texto, titulado 'Odio as mans frías', foi o mellor valorado polo xurado na xunta mantida na sede da RAG.

Héctor Cajaraville Araújo (Santiago de Compostela) foi recoñecido co segundo premio por 'O milagre' e Ceres Serea Manso Acuña (Nigrán) conseguiu un terceiro premio con 'Cousas que pasan'. Outros dous terceiros premios son para Nee Barros Fernández (Marín), de 15 anos, por 'Desexo concedido', e Teo Alonso Vidal (Vigo), de 10 anos, por 'Unha hora'.

O xurado, composto polo presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes; o presidente de PuntoGal e académico Manuel González; a escritora e académica correspondente Helena Villar Janeiro; o director xeral de PuntoGal, Darío Janeiro; e a poeta, editora e membro do comité de redacción de Luzes, Dores Tembrás, avaliou os case 400 relatos. Os cinco gañadores impuxéronse nunha lista de 14 finalistas. 



Praza Publica punto gal pioneiros

relacionada Os dominios .gal celebran as Letras Galegas rebaixando os seus prezos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE