Médico do SERGAS en folga de fame para poder reincoporarse ao seu traballo

José Ramón Couce denunciou irregularidades no seu centro de saúde. Estivo de baixa por tensión laboral. A Xustiza lle dió a razón, pero o SERGAS segue sen facer os trámites para devolvelo ao seu posto de traballo.


|

Desde a Coordinadora Antiprivatización de Sanidade da Coruña denuncian hoxe o caso do doutor Juan Ramón Couce, un médico de Narón a o que "o SERGAS non reincorpora a un posto de traballo a pesar de existir unha sentenza firme do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que o obriga a facelo". O galeno leva xa unha semana en folga de fame no hospital Arquitecto Marcide de Ferrol para reclamar que o SERGAS cumpra a sentenza firme do TSXG, que rexeitou un recurso en febreiro deste ano.



Jose ramon couce

José Ramón Couce, á dereita, nunha imaxe da súa petición en Change.org


Juan Ramón Couce chega a esta situación despois de denunciar "numerosas irregularidades que se producían no seu centro de saúde, unha situación que o levou a estar máis de dous anos apartado da profesión".  A citada sentenza do TSXG recoñece que o doutor Couce está en condicións de retomar a súa actividade nun posto de traballo distinto. Couce estivo de baixa varias veces por tensión laboral, que dous xuíces do Social de Ferrol recoñeceron como accidente de traballo.


Para ser reincorporado, o doutor Couce debe someterse a un recoñecemento médico, por protocolo, a efectos de adecuar o mellor posible o seu novo posto. A Plataforma denuncia que "o prazo de execución da sentenza está a piques de esgotarse e aínda non recibiu data para o recoñecemento, nin moito menos unha data de reincorporación". 


Ademais, o doutor Couce denuncia que "existen 563 accesos á súa historia clínica, e que a maior parte deles son accesos inxustificados, entre os cales o SERGAS recoñece xa ata 30". O acceso indebido a un historial médico é un delito contra a intimidade das persoas na súa modalidade de descubrimento e revelación de segredos, cuxas penas inclúen prisión, multas e mesmo inhabilitación profesional. Esta cuestión está actualmente pendente de resolución xudicial.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE