Defensa aparece como patrocinador dunhas manobras que enxalzan a Millán Astray

A Deputación de Pontevedra xa retirou o seu patrocinio pero o Ministerio de Defensa segue figurando e non responde as cuestións sobre a súa vinculación dun evento organizado por a "Irmandade de Antigos Cabaleiros Lexionarios". O acto está previsto en terreos da Igrexa e o Concello de Barro envía unha comunicación para prohibir manobras en lugares públicos. 


|

Cartel co programa da Irmandade de Cabaleiros da Lexión

A Deputación de Pontevedra xa retirou o seu patrocinio, pero o Ministerio de Defensa segue figurando e non responde as cuestións sobre a súa vinculación dun evento organizado pola "Irmandade de Antigos Cabaleiros Lexionarios".

Con sede en Vigo, esta entidada organizou unhas xornadas para veteranos no Concello de Barro (Pontevedra), baixo o título 'IV Manobras Simuladas Millán Astray', cuxo cartel chegou a ser impreso pola Deputación de Pontevedra, que xa retirou esta colaboración nada máis coñecer o contido do evento e que na publicidade aparece Millán Astray.


DEFENSA GARDA SILENCIO POR AGORA


No citado cartel segue apareciando o logotipo do Ministerio de Defensa. Galiciapress púxose en contacto co gabinete do Ministerio de Defensa para preguntar cal era a vinculación da Administración pública con estas xornadas que enxalzan ao militar golpista e alto cargo da ditadura. O Ministerio remitiu ao Exército de Terra, que por agora non proporcionou ningunha contestación.


A DEPUTACIÓN ALEGA QUE NON SABÍA QUE ERA UNHA HOMENAXE A MILLÁN ASTRAY

Fontes da Deputación de Pontevedra explicaron a Europa Press que esta entidade solicitou colaboración do organismo provincial, ante a Presidencia, polas canles habituais de todas as asociacións, pero unicamente indicaron na petición --segundo estas fontes-- que se trataba dunha xornada de veteranos militares.

As mesmas fontes explicaron que se lle deu o "ok" á colaboración da Deputación, que consistiu en prestar o servizo de impresión para as 200 unidades, e a entidade enviou directamente á imprenta o cartel, que non pasou ningún outro filtro.

Foi este luns cando a Presidencia da Deputación, dirixida pola socialista Carmela Silva, soubo o contido do cartel e paralizou a distribución deste letreiro, que inclúe os logotipos de varias empresas privadas (restaurantes da zona, unha gasolineira e outros establecementos comerciais) e do Ministerio de Defensa.

No programa tamén se inclúen actividades na zona de ría Barosa, un espazo paisaxístico cun muíño de auga e cataratas situado no municipio de Barro.

O seu alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes (BNG), confirmou a Europa Press que remitiu leste mesmo martes un comunicado á Irmandade esixindo a retirada desa referencia, xa que "non teñen autorización" para ningunha actividade en terreos públicos, e tras coñecer o cartel sen que se tramitaran "permisos" ante a institución local.

A DEPUTACIÓN, MOLESTA


Ante a difusión do cartel, a propia Deputación de Pontevedra enviou un comunicado explicando que retirara a colaboración coa organización dun encontro de exmilitares en Barro para finais de abril. Concretamente, está previsto o evento desde o 27 ata o 1 de maio, cando xa se dá por concluída a actividade.

A colaboración limitouse, explicou, á impresión de 200 carteis e, tras coñecer o contido, que non pasou ningún filtro intermedio cando se enviou á imprenta, a Deputación ordenou retiralos. Ademais, expresou o seu "malestar" á entidade por non ser informada da "veracidade sobre o contido da actividade".

De feito, no mesmo comunicado lembra que o goberno provincial, que sosteñen PSdeG e BNG, vénse " desmarcando, desde a súa chegada, de todos os actos que se aparten do recoñecemento ás persoas que loitaron pola democracia" en España e segue promovendo a recuperación da memoria histórica e os actos de homenaxe á loita antifranquista.

EN TERREOS DA IGREXA E "ZULOS TERRORISTAS"


Fontes da Hermandad de Caballeros de la Legión indicaron a Europa Press que a pesar das "pancadas" que lles están dando, o evento segue adiante e celebrarase en terreos da Igrexa de San Breixo, cuxo párroco está previsto que ofreza unha misa o domingo 29. Ademais, segundo explicou, prestoulles os terreos para a actividade da simulación de manobras.

Ademais, a Irmandade defende a legalidade do seu evento e a figura de Millán Astray, do que din que "non é franquista", e, de feito, fontes desta entidade indicaron a Europa Press que o saúdo que fai no cartel coa man alzada "non é franquista".

No programa de actividades, que se pode consultar na súa páxina de facebook, recóllense accións como sendeirismo, manobras, unha misa, concerto a cargo da Banda de Música e do coro da Brilat e manobras "en procura de zulos terroristas".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE