A Hermandad de Antiguos Caballeros Legionarios suspende provisionalmente as "manobras" en homenaxe a Millán Astray. O logo do Ministerio de Defensa figurou ata o final o cartel, ao contrario do da Deputación de Pontevedra, que o retirou. O Ministerio cala ante a prensa, pero terá que dar explicacións nas Cortes.
A Deputación de Pontevedra xa retirou o seu patrocinio pero o Ministerio de Defensa segue figurando e non responde as cuestións sobre a súa vinculación dun evento organizado por a "Irmandade de Antigos Cabaleiros Lexionarios". O acto está previsto en terreos da Igrexa e o Concello de Barro envía unha comunicación para prohibir manobras en lugares públicos.
O Exército de Terra enmarca na normalidade a escolla da canción ao tratarse do seu himno.