O rapero Valtonyc forma parte do cartel do Festigal 2018 en defensa da liberdade de expresión

O rapero Valtonyc participará na programación do Festigal 2018 para reivindicar a liberdade de expresión e "contra a involución democrática provocada pola lei mordaza e a represión contra o activismo social, político e sindical e o independentismo catalán".


|

Valtonyc


O rapero Valtonyc participará na programación do Festigal 2018 para reivindicar a liberdade de expresión e "contra a involución democrática provocada pola lei mordaza e a represión contra o activismo social, político e sindical e o independentismo catalán".

A organización deste festival, que celebra os seus concertos o día 24 de xullo, na véspera do Día de Galicia, anunciou este nome para o seu cartel a través dun comunicado de prensa.

De forma paralela, a través das redes sociais, colgou un vídeo gravado polo propio Valtonyc no que este agradece a invitación aínda que recoñece que "a día de hoxe" non sabe "se poderá ser" porque "seguramente" xa estará en prisión.


"Se non puidese ser, mándovos todas as miñas forzas na loita", sinala no vídeo o rapero Josep Miquel Areas, coñecido como Valtonyc, cuxa defensa anunciou nos pasados días que presentará alegacións para pedir a suspensión da pena de tres anos de cárcere á que foi condenado por delitos de enaltecemento do terrorismo, calumnias e inxurias graves á Coroa, e ameazas polo contido dalgunhas das súas cancións.

O balear ten 14 discos publicados con letras de ideoloxía anticapitalista, republicana e antifascista. O Festigal súmase así á trintena de festivais, entidades e salas que expresaron "o rexeitamento a esta vulneración do dereito á liberdade de expresión" e que acordaron incluír nas súas programacións concertos de Valtonyc, "como maneira de solidariedade, ante a involución democrática do Estado español".

relacionada Alcalde interrogado polo informe policial da derriba dun hórreo
relacionada Chega ás librerías a nova obra do escritor galego Iago de la Campa

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE