Chega ás librerías a nova obra do escritor galego Iago de la Campa

Dá inicio a xira de presentación de 'No me vas a encontrar en nadie' hoxe mesmo no Corte Inglés da Coruña ás 19.00 horas


|


Iago de Cámpaa


O coñecido escritor galego Iago de la Campa estrea hoxe, 23 de marzo, a súa nova obra 'No me vas a encontrar en nadie', que chega ás librerías da man da editorial especializada en poesía e prosa poética MueveTuLengua.


A súa nova creación, elaborada a modo de diario persoal, continúa o percorrido que Iago de la Campa iniciou en 2016 con 'Viajes a Kerguelen', con máis de 25.000 exemplares vendidos, e que proseguiu coa publicación de 'Corazón y tiempo', con máis de 10.000 exemplares vendios.


‘No me vas a encontrar en nadie’ conta coa colaboración de Ales Santos, un dos mellores caligrafistas de España, na creación da súa portada. Ao longo da obra, o escritor percorre o calendario xunto ao lector mentres profunda en o ir e vir emocional das súas relacións persoais, e acompaña ao texto con fotografías tomadas polo propio autor, que sitúan e e visualizan o momento no que se atopaba ao redactalo.


Iago de la Campa inicia a súa xira de presentación hoxe mesmo no Corte Inglés da Coruña ás 19.00 horas, para viaxar proximamente polas principais provincias de España O seguinte destino do escritor será o Fnac L’illa, o 4 de abril en Barcelona.

relacionada Esixen a dimisión do alcalde de Cabana por un presunto delito contra o patrimonio
relacionada A música de Maná chega a Vigo o próximo 23 de xullo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE