Esixen a dimisión do alcalde de Cabana por un presunto delito contra o patrimonio

Distintas asociacións da Costa da Morte consideran a través dun comunicado que “o rexedor popular non pode seguir nin un minuto máis no seu posto”.


|


Restos do hu00f3rreo motivo da investigaciu00f3n


Distintas entidades e asociacións da Costa da Morte, en concreto Petón do Lobo, Salvemos Cabana, Cova Crea e Ouriol de Anllóns, esixiron a dimisión inmediata do alcalde de Cabana tras verse implicado nun presunto delito contra o patrimonio. En consecuencia, as asociacións consideran a través dun comunicado que “o rexedor popular non pode seguir nin un minuto máis no seu posto”.


Tal e como indican o conxunto de entidades e a prensa galega,o titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº1 de Carballo abriu dilixencias contra José Muiño Domínguez e outras seis persoas, debido ao traslado irregular dun hórreo a unha leira privada mentres se construía unha nova praza. A iso precédelle o rexistro que axentes do Seprona da Garda Civil realizaron este luns no Concello de Cabana, do que retiraron diversa documentación relacionada co asunto.


Os feitos remóntanse a 2015, cando se iniciou a construción dunha praza pública nun solar onde se atopaban dous hórreos centenarios, bens culturais protexidos pola lexislación autonómica e estatal.


De acordo á Asociación Petón do Lobo, a Deputación da Coruña chegou a achegar máis de 54.000 euros para a adecuación da infraestrutura e a implantación do primeiro hórreo en leira, pero no caso do segundo, tal e como explican as asociacións, “retirouse da súa zona de implantación orixinal e acabou fragmentado e amontoado na leira dun particular”, que ademais resultou ser o propietario do terreo sobre o que se edificou a nova praza.


O Seprona leva varios meses investigando o caso, que comezou con a denuncia dun veciño á Dirección Xeral de Patrimonio, e que agora parece xudicializarse e estar próximo ao seu fin.


MÁXIMA PROTECCIÓN POSIBLE


En defensa da dimisión do alcalde de Cabana, o conxunto de asociacións remítese á Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, que sentencia que os hórreos son “bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para este tipo de bens sen necesidade da tramitación previa do procedemento”.


Tal e como explican no seu comunicado, os bens de interese cultural son unha figura xurídica de protección do patrimonio histórico-artístico tanto moble como inmoble, e por tanto deben gozar de “a máxima protección posible” no lexislativo.

relacionada A música de Maná chega a Vigo o próximo 23 de xullo
relacionada A Academia Galega de Teatro preséntase a finais de mes en Santiago de Compostela

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE