​Consellos para que os pés non sufran nas procesións de Semana Santa

Miles de persoas participarán, como confrades ou fieis, nos desfiles procesionais de Semana Santa que se celebrarán esta semana en toda Galicia, aínda que de forma destacada en localidades como Ferrol ou Viveiro, declaradas Festas de Interese Turístico Internacional, ou noutros puntos como Fisterra, Cangas do Morrazo ou Paradela en Meis.


|

Miles de persoas participarán, como confrades ou fieis, nos desfiles procesionais de Semana Santa que se celebrarán esta semana en toda Galicia, aínda que de forma destacada en localidades como Ferrol ou Viveiro, declaradas Festas de Interese Turístico Internacional, ou noutros puntos como Fisterra, Cangas do Morrazo ou Paradela en Meis. 


O Colexio de Podólogos de Galicia explica que os pés constitúen unha das partes do corpo que máis sofre durante a participación nas procesións, porque se someten a esforzos pouco habituais, como soportar a carga dos pasos, longas camiñadas ou horas de espera sen asento. É importante manter prácticas saudables antes, durante e despois das procesións, así como visitar a consulta dun profesional da podoloxía ante calquera dúbida para previr doenzas e lesións. “Permanecer demasiado tempo de pé, camiñar durante horas a paso moi lento, cargar cun peso, utilizar un calzado inadecuado ou pisar os restos de cera das procesións poden provocar bochas, dores ou uñas negras que se poderían evitar”–explica o presidente do Colexio, Borja Pérez Serrano–.



Ferrolprocesion


Ademais, o Colexio recomenda comprar o calzado pola tarde, cando os pés están máis inchados, e usalo uns días antes para non estrealo no momento das procesións. “O calzado é preferible que sexa de sola flexible, grosa e antiescorregadiza, suxeito ao empeine, con contrafuerte e punteira ancha. Hai que lavar os pés sen baños prolongados e secalos moi ben, cortar as uñas rectas e manter a pel hidratada” –apunta o presidente–.


Á hora de formar parte das procesións, o Colexio aconsella non saír descalzo pola cantidade de riscos de feridas e infeccións ás que se expoñen os pés. En caso de desatender este consello, sinala que hai dous hábitos fundamentais, hidratar os pés ben cunha crema cunha porcentaxe alta dun composto químico chamado urea, e lavalos con esmero ao chegar a casa.


Tanto nos casos de formar parte da procesión como de asistir como público, os podólogos destacan que outras prácticas recomendables nos casos de paradas prolongadas son cambiar alternativamente a perna de apoio, realizar movementos giratorios con cada pé e poñerse ás veces no bico dos pés para reactivar a circulación.


Ademais, os podólogos lembran que os pés poden recuperarse nunha soa noite, pero subliñan que é moi importante observalos minuciosamente, do mesmo xeito que o calzado para comprobar posibles alteracións ao chegar a casa tras as procesións. Baños de contraste con auga fría e quente, colocar os pés no alto e masajear desde os dedos cara ao talón son algunhas prácticas recomendables para aliviar os pés inchados. No caso de bochas, Borja Pérez destaca a importancia de non abrilas, limpar con antiséptico, cubrir con gasa e consultar ao podólogo. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE