Preséntase unha nova coalición de centro para as próximas eleccións municipais
Centristas defínese a si mesmo como un novo Movemento Cívico de Acción e Participación Política de ámbito nacional
Xorde un novo participante no actual panorama político galego. Centristas defínese a si mesmo como un novo Movemento Cívico de Acción e Participación Política de ámbito nacional e integrado por distintos partidos políticos, asociacións e plataformas cidadás que propugnan os valores do centro político para a comunidade galega.
De acordo á formación, Centristas nace en Galicia a través da coalición de Vía Centrum, Cidadáns de Galicia e Coalición de Centro Democrático. Tamén conta co apoio de cidadáns independentes e membros ou ex membros doutros partidos. Desde Centristas, doutra banda, non descartan a “integración de novas formacións de recoñecido prestixio.”
O partido político de centro proclámase como a formación daqueles que mantiveron “viva a chama que prendeu Adolfo Suárez, fai corenta anos”, a pesar das disgregacións e loitas internas que sufriu este movemento político ao longo da súa historia recente.
Co fin de aglutinar a centristas de “partidos, plataformas e asociacións nun proxecto común”, Centristas manifesta o seu desexo de defender “os valores da Transición Democrática.”
ROLDA DE PRENSA E ACTO PÚBLICO
A modo de presentación, Centristas convoca este sábado ás 11.30 horas unha rolda de prensa na Biblioteca e Arquivo de Galicia, en Santiago de Compostela. Nela intervirán o portavoz de Centristas en Galicia. José Luís Méndez Otero; o secretario de Centristas, José Antonio Bibián Somoza; e a responsable das RR. Institucionais de Centristas, Carmen Rodríguez Sabín.
Mañá pola tarde tamén terá lugar un acto público de presentación do proxecto, así como a escenificación de a firma de acordo de colaboración entre os partidos para as próximas eleccións.
Escribe o teu comentario