A cantante Uxía gaña o premio ao mellor álbum en galego nos MIN 2018

No galardoado álbum Uxía e Sérgio Tannus presentan 16 poemas en honor ó recoñecido Uxío Novoneyra


|


Uxia

Fonte: Uxía Oficial


O Premio ao Mellor Álbum en Galego nos Premios MIN 2018 da Música Independente xa ten unha gañadora: a cantante galega Uxía co seu último disco, UXÍA-O, dedicado ao recoñecido poeta Uxío Novoneyra.


Durante a décima edición dunha das citas máis importantes da industria musical española, os candidatos para adquirir este premio foron Vos d’Abaixo, Atrás Tigre, Esposa e Habelas Hainas.


No galardoado álbum, editado pola fundación do propio poeta, Uxía e Sérgio Tannus presentan  16 poemas novoneyrianos que contan co apoio musical de Isaac Palacín (percusión), Santi Cribeiro (acordeón), José Manuel Díaz (contrabaixo), Ana Isabel Días (arpa clásica) e Quim Farinha (violín). Conta ademais coa colaboración de Alberto Vilas (piano en “Cain as follas”), Fred Martins e Lui Combra (voz e violoncelo en “Ou cuco a cantar”).



O deseño e produción gráfica de UXIA-O, a cargo de Niko Alvarellos, trae consigo fotografías de Miguel Calvo e caligramas dalgúns versos, xunto cn unha composición fotográfica en portada sobre unha peza elaborada polo pintor Antón Lamazares.


PREMIOS MIN


Os  Premios MIN xorden en 2009 como proxecto da Unión Fonográfica Independente, co fin de ofrecer unha alternativa indie aos certames de fai dez anos. Así, estes galardóns dan un oco a todos aqueles artistas fose do mainstream, configurándose como unha importante ferramenta de promoción e de visibilización.


Na actualidade, estes premios son os únicos de ámbito nacional organizados pola propia industria que se entregan en España, con unha década de experiencia ás súas costas e deceas de premios en multitude de ámitos.. Co obxectivo de celebrar a diversidade cultural do país, os Premios MIN reparten galardóns non só ao mellor álbum en galego, senón tamén en catalán, para Xarim Areste con Polinèsies; e en eúscaro, para a banda Delorean co seu disco Mikel Laboa.

relacionada Santiago imprégnase de poesía galega con 'Alguén que RESPIRA!'
relacionada Chega o 'Wikimaratón' a Ourense para introducir na Galipedia biografías de mulleres galegas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE