​Lanzan un libro sobre receitas con azafrán para “previr enfermidades como o alzhéimer”

Santiago de Compostela acolle mañá a presentación dun libro que buscar divulgar “os beneficios do azafrán á hora de previr enfermidades dexenerativas como o párkinson, a esclerose múltiple ou o alzhéimer”. A marca Pote lánzao coa colaboración da a Federación Alzhéimer Galicia (FAGAL) e do cociñeiro Yayo Daporta.



|

Santiago de Compostela acolle mañá a presentación dun libro que buscar divulgar “os beneficios do azafrán á hora de previr enfermidades dexenerativas como o párkinson, a esclerose múltiple ou o alzhéimer”. A marca Pote lánzao coa colaboración da a Federación Alzhéimer Galicia (FAGAL) e do cociñeiro Yayo Daporta.



Alzheimerpuzzle


O libro de 'Receitas para o Recordo' , que sae a un prezo de 15 euros, busca “achegar visibilidade á enfermidade de Alzhéimer”, segundo os seus promotores. Valéndose da cociña da memoria como fío condutor do proxecto, recolléronse no libro os testemuños de persoas con Alzhéimer e os seus familiares recompilando unha ducia de receitas tradicionais elaboradas con azafrán.


“Unha iniciativa cuxa recadación se destinará integramente aos centros colaboradores”, aseguran os organizadores. Entre eles está os centros de FAGAL (Federación de Asociacións de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Galicia): AFAPO, AFAMO, AGADEA e AFAL Ferrolterra.


Pote tamén colabora con os estudos que ten en marcha estudos a Universidad de Castilla La Mancha sobre os beneficios desta especie.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE