SATSE Galicia presentará este martes unha nova campaña en defensa dos profesionais de Enfermería

#Stop Agresións. Nada xustifica unha agresión’ xorde como denuncia cara ás máis de 20.000 agresións anuais que sofre o sector de Enfermería en España 


|


Enfermeira 1


A campaña de información e sensibilización ‘#Stop Agresións. Nada xustifica unha agresión’, en defensa do conxunto da Enfermería galega, será presentada polo Sindicato de Enfermería de Galicia (SATSE Galicia) este martes 13 de marzo na Sede Autonómica do sindicato.


A rolda de prensa dará inicio a as 10.30 horas, e contará coa presenza da Secretaria Xeral de SATSE Galicia, Carmen García Rivas, e a Delegada de Saúde Laboral Judith Juncal.


Oito de cada dez enfermeiras e enfermeiros sufriron ao longo da súa traxectoria profesional unha agresión física ou verbal. Esta grave problemática é o principal obxectivo de denuncia de SATSE Galicia, sindicato que desde hai anos realizou numerosas actuacións informativas e de concienciación para reducir os malos tratos que sofren o sector de enfermería. 


De acordo á secretaria xeral técnica de SATSE, María José García, prodúcense en España ao redor de 55 agresións a enfermeiras e enfermeiros, ou o que é o mesmo, máis de 20.000 ao ano.


ALGUNHAS INICIATIVAS DA CAMPAÑA


Tal e como recalcou o sindicato a través dun comunicado, a nova campaña contempla a nivel nacional  a distribución de distinto material informativo en todos os centros sanitarios do país, como carteis, trípticos e adhesivos. Tamén se difundirá a través de vídeos, redes sociais, medios online e cuñas en radio. En concreto, serán máis de 60.000 carteis, 200.000 trípticos e 300.000 adhesivos.


Todas as accións previstas buscan sensibilizar aos cidadáns sobre a necesidade de que se manteña, en todo momento, unha relación de respecto e confianza entre profesionais, pacientes e familiares. Tamén se pretende animar aos profesionais de Enfermería a que visibilicen calquera agresión física ou verbal sufrida.


Reclamarase, doutra banda, ás distintas administracións públicas e empresas sanitarias privadas unha serie de medidas preventivas para evitar en todo o posible este tipo de actos violentos, así como unha normativa que regule as actuacións necesarias e unha mellora na formación dos profesionais para abordar toda clase de agresións.

relacionada Investigadores galegos logran reducir un 80% de metástisis en cancro de colon
relacionada Cesan a Dionisio López como xerente do CHUO por recortes orzamentarios

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE