A alerta laranxa sobe a alerta vermella en varias zonas

A Xunta recomenda manterse afastado da liña de costa, diques, rompientes, praias ou paseos marítimos

|

Ondada na costa de Lugo


A alerta laranxa por temporal costeiro e de vento pasará a nivel vermello a partir da noite nas provincias de Pontevedra e A Coruña, con previsión de ondas de ata 9 metros de altura, segundo informou a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta de Galicia.

A Axencia estatal de meteoroloxía (Aemet) indica que a partir da noite espérase nivel vermello no litoral de Pontevedra e no oeste e suroeste da provincia da Coruña, con ondas de ata 9 metros por mar combinada do oeste. A partir do mediodía, continuará todo o litoral galego en nivel laranxa.

Mantense tamén a alerta laranxa por mar combinada e vento en mar, que está a afectar ao litoral da Coruña e Pontevedra desde primeiras horas da madrugada deste sábado 10. Afectará o litoral de Lugo, a partir das 10,00 horas do domingo, onde se poderán alcanzar ventos de forza 9 e ondas de ata 8 metros.


Este fenómeno coincide con outros por tormentas e choivas de nivel amarelo. Por este motivo, poden producirse inundacións puntuais en zonas da costa do litoral de Pontevedra e A Coruña (suroeste, oeste).

Mapa Screenshot from 2018 03 10 18 53 39

RECOMENDACIÓNS


A Xunta lembrou a importancia de manterse afastado da liña da costa, de diques, rompientes ou paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Así, tamén se aconsella a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva nas zonas máis perigosas, e recoméndase non bañarse nin practicar deportes acuáticos ou náuticos.

Do mesmo xeito, aconséllase precaución nos portos, por constituír "espazos de risco ante a alerta por fenómenos meteorolóxicos adversos".

Nestas contornas, débense evitar os percorridos polas instalacións portuarias, en especial, en zonas de especial perigo, como diques de abrigo, diques, escaleiras de acceso aos diques e portos, entre outros. Así mesmo, a Xunta recomenda evitar percorridos en vehículos preto dos portos, así como aparcar nestas zonas, na medida do posible.

Tamén se pide que non se pasee preto dos bordos litorais, paseos marítimos ou zonas próximas ao mar, sobre todo en lugares golpeados polo vento.

Ademais, non é recomendable camiñar preto dos edificios portuarios, guindastres fixos ou de automotor, ou doutras edificacións que poidan sufrir desprendementos nas súas estruturas exteriores.

En todo caso, a Xunta informa que todos os medios do Servizo de Gardacostas de Galicia estarán en alerta para calquera incidencia que se poida producir debido a este fenómeno meteorolóxico adverso.

A información pódese consultar na páxina web do CIAE 112 --www.112galicia.org--, que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE